Contido popular
Título | Resumo |
---|---|
DÍA DA PAZ 2015 |
Algunhas das actividades realizadas este ano no Día da PAZ. |
24 de FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA |
Dende os equipos de Normalización Lingüística e Biblioteca, queremos recordar a figura de Rosalía. O martes 24 de febreiro celebraremos o Día de Rosalía. Este ano escollemos o poema Rosalía pequeniña, do libro-disco "Rosalía Pequeniña", na voz de Uxía e con ilustracións de Marina Seoane. Ademais dun recitado de poemas de Rosalía e un concurso: "Ilustra o pensamento de Rosalía". Elixirase unha frase significativa da autora para logo ilustrar polo alumnado do noso centro. Coa ilustración gañadora farase un cartel. O agasallo será o libro "Rosalía pequeniña" de Árbore-Galaxia.
LIM Xogando con Rosalía, da Biblioteca do CEIP Alexandre Bóveda
|
24 de FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA |
Dende os equipos de Normalización Lingüística e Biblioteca, queremos recordar a figura de Rosalía. O martes 24 de febreiro celebraremos o Día de Rosalía. Este ano escollemos o poema Rosalía pequeniña, do libro-disco "Rosalía Pequeniña", na voz de Uxía e con ilustracións de Marina Seoane. Ademais dun recitado de poemas de Rosalía e un concurso: "Ilustra o pensamento de Rosalía". Elixirase unha frase significativa da autora para logo ilustrar polo alumnado do noso centro. Coa ilustración gañadora farase un cartel. O agasallo será o libro "Rosalía pequeniña" de Árbore-Galaxia.
LIM Xogando con Rosalía, da Biblioteca do CEIP Alexandre Bóveda
|
ENTROIDO 2015 |
Na seguinte presentación podedes ver algunhas das actividades que fixemos durante a semana de entroido no noso cole. Algunhas das fichas foron elaboradas polo CRA de BERGONDO. Moitas grazas por compartir o voso material. |
SEMANA DA PRENSA: DO 9 AO 13 DE MARZO |
Dende o 9 ao 13 de marzo, nas aulas traballamos cos xornais de diferentes modos.
|
21 de MARZO: DÍA DA POESÍA CON ROSALÍA |
Aproveitando os poemas que traballaramos de Rosalía de Castro, fixemos un recitado de poemas.
|
DÍA DA AUGA 2015 |
Para celebrar o Día da Auga escollemos uns debuxos onde se fomenta o uso responsable. |
2 DE ABRIL: DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL |
Neste ano 2015, o Día Internacional do Libro Infantil, que se celebra o 2 de abril, en memoria do nacemento de Hans Christian Andersen, lévanos aos países árabes e á palabra e á imaxe creada por dúas mulleres representantes da literatura infantil e xuvenil desa parte do mundo:
"Falamos diferentes linguas e vimos de diferentes orixes, máis compartimos as mesmas historias"
|
PROXECTO "OS ASTRONAUTAS" | |
RESUMO ACTIVIDADES MES DE ABRIL |
O 23 de abril, Día Mundial do Libro, fixemos entrega dos agasallos que nos mandaron dende Bibliotecas Escolares de Galicia. Tamén tivemos un contacontos por videoconferencia, os alumnos de Primaria contáronlle aos máis pequenos do cole a historia de Don Quixote. No taller de Rosalía tamén celebramos o 4º Centenario da publicación da 2ª parte do Quixote.
|
CONTOS QUE DEIXAN PEGADA |
O 30 de abril ás 18:00 h no Auditorio da Casa da Cultura de Ribadavia haberá unha sesión de contos a cargo de PAVÍS PAVÓS, orientada a transmitir valores, que tratan das diferenzas na sociedade, a homofobia, o racismo, o machismo, as desigualdades,... Contos que, sen querelo, van deixar pegada en quen os escoite. Esta actividade está organizada pola Biblioteca Pública Municipal de Ribadavia, dentro do programa Ler conta moito. |
LETRAS GALEGAS 2015 |
Pincha na foto para ver as actividades realizadas durante a semana das Letras Galegas
Tamén fixemos a convivencia co CEIP de Castrelo de Miño para celebrar as Letras Galegas. Pincha na imaxe para ver o ben que o pasamos. A continuación podedes ver algúns videos das diferentes actividades realizadas: "Canción benvida"
"Cantares Gallegos"
|
A VENDIMA: O NOSO PROXECTO | |
OS BOLECHAS NA MÁQUINA DO TEMPO |
O sábado 10 de outubro ás 18:00 h, os Bolechas actuarán no Auditorio da Casa da Cultura de Ribadavia. Este fin de semana Os bolechas visitan Ribadavia da man do programa Falaredes. Trátase de "Os Bolechas na máquina do tempo" a cal todos os nenos estades invitados. Por suposto a entrada é de balde.
A actividade ten continuidade na aplicación web Os Bolechas na máquina do tempo, onde os cativos e cativas poden facer o seu propio diploma de viaxeiro no tempo e acceder a xogos e sorteos. Co aliciente de que os asistentes ao espectáculo coñecen en exclusiva unha palabra clave coa que poderán dobrar o premio do sorteo e acceder a dous lotes de libros dos Bolechas, no canto de un, en caso de resultaren premiados.
|
SAMAÍN 2015 |
Na seguinte presentación podedes ver algunhas das actividades que fixemos durante o SAMAÍN. |
DÍA DAS BIBLIOTECAS |
Para celebrar este ano o Día das Bibliotecas fixemos entrega das novas bolsas que nos mandaron dende a Asesoría de Bibliotecas. Moitas grazas. |
20 NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DO NENO | |
25 NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO |
Este curso escolar escollemos estes dous libros para traballar nas aulas a problemática da violencia de xénero: Rosa Caramelo e Avós, ambos da editorial Kalandraka.
Estes son algúns dos traballos realizados nas escolas: |
XOSÉ NEIRA VILAS | |
V CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL |
Aquí están todas as postais presentadas para o concurso deste ano |
GUIA NADAL 2015 |
|
OS NOSOS DEBERES |
Os venres, os nenos/as de Educación Infantil levamos os deberes (bolsiña con conto da biblioteca) con moita ilusión, facemos verdadeiras obras de arte, aquí vos enseñamos unha mostra. |
DÍA DA PAZ 2016 |
Actividades a realizar para o Día da Paz:
Estes son algúns dos debuxos que fixeron os nen@s despois de traballar o conto. |
ENTROIDO 2016 | |
"AURORA" |
O 15 de febreiro fomos ao Auditorio de Ourense a ver a obra de teatro "Aurora" e visitar a exposición de Xaime Quessada ao Pazo de Villamarín. Mirade que debuxos fixeron os nosos alumn@s da súa saída.
|
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »