" A LENDA DA PRANTA MÁXICA". UN CONTO CON INTELIXENCIA ARTIFICIAL.

Como agradecemento a tódalas familias decidimos crear un conto a partir do Chat GPT e convidámolos a vir a carballeira de San Paio pola tarde para disfrutar todos xuntos deste conto. Nerea e Martí, os nosos alumnos en prácticas da Fundación Princesa Girona prepararon o conto e adaptárono para contalo no kamishibai. Foi unha tarde moi fermosa no que os cativos o pasaron en grande convivindo toda a comunidade educativa nun clima de afecto, diversión e aprendizaxe. Estamos orgullosas desta actividade e da boa acollida que tivo desexando plantexar máis coma ista que fomenta o gusto pola lectura e o disfrute da nosa biblioteca. Grazas a profe Raquel de San Cristovo pola súa axuda, colaboración e por ceder o seu tempo libre á mellorar as actividades da biblioteca.

 

 

A PRANTA MÁXICA. ACTIVIDADES. de Vanesa Carballo Leal