Decembro 2017

CONCURSO DE POSTAIS 2017

No seguinte video podedes ver todas as postais que fixeron os/as nosos/as alumnos/as para participar no concurso deste ano

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O 25 de novembro foi o día internacional contra a violencia de xénero, e que mellor recurso que un conto para sensibilizar @s nos@s alumn@s sobre a igualdade e o bo entre xéneros.

A partir de contos como: Orellas de bolboreta , Hai algo máis aburrido que ser unha princesa rosa, Até as princesas soltan peidos, ¡Qué fastidio ser princesa!... intentamos desenvolver un pensamento crítico  que permita analizar os estereotipos sexistas.

Aquí vos deixo o reflexo do seu traballo.

No conto ¡Qué fastidio ser princesa!, unha princesa que está farta de selo porque odia levar vestidos longos e as xoias pésanlle moito así que decide marchar de palacio e faise cabaleira, pirata, malabarista, e cando volve o palacio o seu pai acepta que sexa como ela queira.

MONSTRUO ROSA

Monstruo Rosa é una historia que nos ensina o valor da diferencia e a importancia do optimismo e a positividade, sobre todo nos peores momentos.

Monstruo Rosa é diferente a todos os demais dende que naceu. É moi grande, redondo, moi alegre pero sobre todo é completamente rosa, cousa que destaca moito nese mundo en branco e negro no que lle tocou nacer. Monstruo Rosa podía conformarse, adaptarse ó mundo no que lle tocou vivir, pero non o fixo, decidiu loitar pola súa identidade sen medo ó descoñecido.

A recompensa vale a pena e moito, pois atopou unha sociedade rica e diversa na que foi acollido.

Aquí vos deixo algunhas das actividades que fixeron @s nen@s da escola de San Cristovo:

Antes de ler o conto, os alumnos imaxinaron como sería o monstro do conto únicamente escoitando o seu título. Debuxaron o que imaxinou cada un.

Despois de escoitar o conto, fixeron o debuxo do que máis lles gustou.

·    Xogo de dados no que debuxaron o monstro coa apariencia que lles ía tocando segundo tiraban os dados.

POSTER DIXITAL DE LEANDRO LAMAS

Neste poster dixital podedes ver algúns dos traballos realizados sobre o pintor e ilustrador Leandro Lamas que estamos traballando neste trimestre. Os alumnos reproduciron algúns dos seus cadros e tamén recitaron a  poesía "Pinto o mundo de cores",do libro Poemas con piruleta,  que ilustrou este autor.