Skip to Content

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

AVISOS

ATENCIÓN AO PÚBLICO SÓ CON CITA PREVIA NO TELÉFONO 881 960028

Orientación

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

 

Composición

 Documentos

 Actividades

 Ligazóns

Novas

 

Xogos para o entrenamento en emocións básicas

Na páxina de Even Better dispoñemos de xogos moi divertidos para o entrenamento de emocións básicas. Aínda que a finalidade do proxecto é "facilitar o ensino de emocións e habilidades sociais a nenos con síndrome de Asperger e outros trastornos do espectro autista", poden ser utilizados con todo o alumnado.

 

Ao acceder a xogos da a opción de elixir entre catro diferentes:

 

Recoñecemento de emocións a través de expresións e situacións que as poden provocar.

Asociación de expresións a emoticonos e fotografías.

Identificación de expresións/emociones básicas.

 

 

Asociación de emocións ás situacións que as provocan.

 

Recordovos tamén que se tedes algunha dúbida sobre como empregar este material o calquer outro desta páxina podedes contactar conmigo a través do e-mail:

davidpazos@edu.xunta.es

Espero que vos gusten e que sirvan para levar o confinamento dun xeito máis agradable. Un saúdo e ánimo

Orientacións e xogos para facer na casa

Ola familias, conscientes da situación dos nenos/as de infantil neste momento queremos ofrecervos un novo material para poder seguir estimulando aos vosos fillos/as a través de xogos e dinámicas que impliquen a unidade familiar. Deste xeito, a continuación , tedes enlaces  a dous documentos con actividades para fomentar un desenvolvemento axeitado da linguaxe nestas etapas e xogos lúdicos cos que mellorar as habilidades sociais tan necesarias no desenvolvemento persoal, social e afectivo dos nenos/as. 

Para acceder a eles soamente tedes que facer click nas seguintes imaxes

 

ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE EN EDUCACIÓN INFANTIL

 

XOGOS PARA TRABALLAR AS HABILIDADES SOCIAIS NO FOGAR

Un saúdo, gracias e ánimo a tod@s

 

PROGRAMA ORIENTA

 

PROGRAMA ORIENTA

Desde o CPI  DE  ZAS queremos presentarvos a nova aplicación ca que contamos a partir de agora

é unha aplicación de Orientación Académica chamada "Orienta"

Esta aplicación quere facilitar a toda a comunidade escolar a información sobre os itinerarios académicos que podemos tomar ó rematar a ESO tanto de Formación Profesional como  Oferta universitaria .

Se  pinchas na imaxe que atoparás debaixo deste texto poderás acceder ó programa  e tamén deixaremos a ligazón dentro do Departamento de Orientación que figura na columna da esquerda desta WEB

Esperamos que vos sexa de gran utilidade a tod@s!

Orientación

 

 

DIA DA MULLER TRABALLADORA

O 8 de marzo celebramos o día da muller traballadora.

@s titor@s abordaron a temática nas aulas e en Secundaria algúns grupos afondaron na personalidade dalgunhas mulleres que podemos considerar como referente.

Felicidades a todas as mulleres!

ENTROIDO

O día 13 de Febreiro celebramos  o ENTROIDO no CPI de Zas disfrazados de vellos as nenas e de vellas os nenos. Ademáis realizáronse as seguintes actividades:

En Infantil e Primaria os alumnos sairon desfilar disfrazados polo pobo

Seguidamente, todos os alumnos do centro fixeron a choreira e queima do meco tras a cal remataron a festa cunha degustación de postres e chocolatada no ximnasio.

Pasámolo moi ben!

Feliz Entroido!

DÍA DA PAZ NO CPI DE ZAS

O día 30 de xaneiro, celebramos no noso centro o DÍA DA PAZ

Como himno escollemos a canción "PAZ, PAZ, PAZ"  de Juanes.

 No patio cuberto debuxouse unha pomba dentro dal cal se situaron todos os alumnos/as

 

Documentos

 

Composición

Coordinación:Noelia martínez Ferreiro

Pedagoxía Terapéutica:
Profesora PT E. Primaria: David Pazos Lago 

Profesora PT E. Secundaria:Guillermo Doviso Ferreiro

Coordinadores de ciclo EP:
Coordinación 1º Ciclo E. Primaria:Lara María Vazquez Rodríguez 

Coordinación 2º Ciclo E. Primaria:MªPilar Facal Maroñas 

Coordinación 3º Ciclo E. Primaria: Jose Manuel Santos Miñones 

Coordinador EI:Paula Maceiras Martínez 

Titor ámbito lingüístico-social: Rosa María Torreira Otero 
Titor ámbito científico-tecnolóxico:Francisco Javier Carballo Lamela 
Distribuir contido

Actividades



by Dr. Radut