Skip to Content

Traballando por Competencias - Os tonos dunha aplicación

Presentámosvos unha nova actividade escolar no noso centro. O alumnado de 6º de primaria, entre outras responsabilidades, fixéronse cargo de compoñer músicas para a aplicación de contos que estamos a crear: Applícate o conto. Fixemos un traballo de documentación previo, na aula, escoitando e analizando as melodías de inicio de diferentes aplicacións de xogos: angry birds, candy crash, pou. Despois, na aula de sexto, organizamos un calendario de quendas para poder usar o teclado e explorar os diferentes timbres que ofrecía. Coa consigna de crear uns tonos breves (non máis de dez segundos) preparamos as composicións transcribíndoas na partitura e o 11 de marzo realizamos a gravación na aula de música. Foron os propios alumnos e alumnas os encargados de interpretar así como de actuar como técnicos no proceso de gravación. Queremos compartir con vós o noso traballo. Se consultades dende móbil precisades a aplicación soundcloud para android ou IOS  para escoitalo, e despois picar na seguinte ligazón: Creando tonos para a aplicación.

 



blog | by Dr. Radut