Skip to Content

blogue demarta

INTERCAMBIO CO COLE DE VILABOA

O alumnado do CPI do Toural pasou o día con nós, visitando os fornos de Cea e o mosteiro de Oseira. Pódese dicir que, agora, o alumnado de Vilaboa coñece mellor a vida dunha vila de interior como é Cea pero, sobre todo, que coñece mellor aos seus rapaces e rapazas!

Preme na imaxe para ver máis fotos.

 

 

As laranxas máis laranxas de todas as laranxas...

A SOBREIRA

Para celebrar de forma conxunta, o Día da Poesía e o Día dos Bosques, o alumnado de 2º ESO elaborou o poema colectivo, " A sobreira", ao que se deu lectura mentres plantabamos unha nova árbore no noso xardín.

Os dereitos dos rapaces e rapazas en " O neno can"

O grupo de 1º e 2º  do club de lectura falamos da falta de dereitos nos rapaces protagonistas de "O neno can", da importancia dos cans na vida das persoas e mesmo das citas que se atopaban ó final de cada historia.

Preme na imaxe para ver todas as fotos:

 

Caligramas contra a violencia de xénero

O alumnado da ESO conmemorou o 25 de novembro coa elaboración de caligramas contra a violencia de xénero. Podes ver o chulo que quedaron premendo na foto.

DEMOSTRA O QUE SABES!

Os chic@s do club de 3º e 4º, tiveron a súa primeira reunión.

Nun dos xogos que fixemos, competiron para ver quen era o quen sabía máis sobre o mundo dos libros. 

Atréveste a probar? Preme na imaxe para acceder ao xogo.

EN MARCHA DE NOVO!

Este ano coordinaremos o club dúas persoas novas, Matías e Marta, que trataremos de continuar co proxecto que nos deixou a anterior coordinadora (Grazas polo camiño percorrido Paquita!).

Comezamos o día 21 de outubro co grupo de 1º e 2º e o día 28, co de 3º e 4º.

¡Agardámosvos!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut