Skip to Content

Educación Infantil

Nube Nube Sol :)

Bo día familias! Este Venres foi especial xa que non fixemos un obradoiro coma sempre, senón que tivemos a ACTUACIÓN “NUBE, NUBE, SOL”!!!!!
 
Nesta obra de teatro musical aprendimos a importancia das nubes, da chuvia e o sol para que a nosa horta medre, as flores florezan e o planeta e o ecosistema mantéñanse nun ciclo de vida normal.
 
Por isto, aprendimos cancións, bailamos danzas ca chuvia e coñecimos diferentes animais do bosque e do noso contorno comprobando como nacen, se alimentan, medran ou se cuidan.
 
Gustounos moito e desfrutamos ao grande!!!
 
Aquí tedes unha mostra da actuación, unha aperta familias!
 

Sesión de Ioga!!

 Xa estamos un Venres máis por aquí!!!!

 
Neste taller seguimos traballando a intelixencia emocional dentro do proxecto "Viaxe ao reino das emocións". Adentrámonos na disciplina milenaria do IOGA para traballar o desenvolvemento físico e emocional. O ioga permite aos nenos e nenas aumentar a súa autoestima, autoconfianza, respecto e traballo en equipo. Ademais, mellora a atención, a concentración e a relaxación.
 
Traballamos esta disciplina adaptándoa aos nenos e nenas traballando de forma diferente á dos adultos, a través da respiración, saúdos ao sol e posturas moi divertidas de animais. Tamén realizamos diversos xogos de ioga e o pasamos xenial!!!!
 
Para comezar o taller contamos o conto de "Om", un neno moi salvaxe que practica ioga realizando posturas que asemellan animais (vaca, can, gato, bolboreta, serpe...). Todos e todas imitamos as posturas de Om e foi moi divertido. Despois collimos diferentes tarxetas onde aparecía unha nena practicando ioga e entre todos decidimos cales nos gustaban máis e cales imitamos.
 
Para finalizar este taller xogamos a SUPERHEROES!! Quen non soñou nunca con ser un superheroe? pois vamos a ser superheroes do ioga!!! fixemos un círculo cos pes no suelo, respiramos profundamente e imaxinamos o superheroe que queriamos ser cos ollos pechados e fumos presentando un por un o superheroe que eramos no centro do círculo, contando o noso supernome, o supervestido, o supersonido e o superxesto que fai. Cando todos rematamos de contar aos nosos compañeiros e compañeiras o superheroe que eramos pechamos os ollos coas mans no peito, tomamos aire polo nariz e soltámolo pola boca moi baixiño e despaciño tres veces para que os poderes do noso superheroe queden gardados dentro de nós para podelos empregar o día que os necesitemos!!!
 
Rematamos este taller moi relaxados coa música de fondo e aprendendo a concentrarnos, relaxarnos e mellorar a nosa autoestima, fundamental para crear un AUTOCONCEPTO POSITIVO!!!!
 
PASÁMOLO XENIAL!!!!!
 
Aquí vos deixamos unha mostra do ben que o pasamos, ata a próxima familias!!
 
 
 

Festa do medo!!! : -O

Boa tarde familias!!!
Xa estamos de novo polo blogue para traervos unhas novidades terroríficas de samaín!!!

Este Venres no taller desfrutamos dunha riquísima merendola monstruosa para celebrar o SAMAÍN ao grande, fixemos sangue de morcego con laranxas e granada e despois degustámola (en realidade era zume de arándanos pero iso é un segredo ). 

Despois de facer a sangue creamos unhas brochetas monstruosas con sirope de chocolate: con mandarinas fixemos cabazas, con plátanos fixemos fantasmas e con mazás fixemos a franquenstein!!!! tamén untamos arándanos no chocolate.

QUE BO ESTABA TODO!!!!! merendamos tanta froita monstruosa que xa non tomamos a merenda da casa.

Tras esta merendola tan terrorífica recollimos todo e puxémonos a pintarnos as caras de VAMPIROS, FANTASMAS, ESQUELETOS, MONSTRUOS... e asustamos a todo o coleeeeee!!!!!! quitamos unhas preciosas fotos no noso Photocall de samaín e disfrazámonos con tutús, gorros de cabaza, de bruxa e máscaras de morcego.

Saímos guapísimos e metemos moitísimo medoooooo!!!!

Este Venres desfrutamos o taller ao grande!!!!!!!

Ata o próximo Venres a todos e todas, aquí tedes un vídeo onde podedes ver todo o que fixemos, pero non teñades medooooo que somos nós!!!!

AS TEXTURAS DAS FOLLAS :D

Xa estamos de volta familias!!

 
Este Venres seguimos traballando máis cousiñas do outono. Creamos un mural coas sombras das follas que trouxéchedes ao cole, para iso colocamos papel continuo e debaixo as follas… e ALA, A BUSCAR FOLLAS!!, logo coas ceras brandas pintamos por riba coas cores do outono: amarelo, vermello, laranxa, marrón e verde, o que nos permitiu coñecer novas texturas.
 
Foi unha pena que o tempo non acompañara xa que a nosa intención era saír fora a facelo e pintar as sombras dos troncos das árbores, pero farémolo outro día noutro taller.
 
Encantóunos como quedou a nosa obra artística tan colorida, pasámolo moi ben traballando todos xuntos como todos os Venres e pouco a pouco ímos creando un vínculo entre todos nós.
 
Sen nada máis despedímonos ata o próximo Venres…Atentos ás terroríficas novidades que nos traerá o SAMAÍN!!!
 
Aquí tedes o vídeo do noso traballo

Viaxe ao reino das emocións: ;-)

Bo día familias!

Xa estamos aquí con outro novo taller!!

Hoxe tocóunos adentrarnos no proxecto “Viaxe ao reino das emocións” que traballaremos en colaboración coa Fundación Meniños. Este proxecto permitiranos traballar a intelixencia emocional: o autocontrol, autoestima, vocabulario, as relacións sociais, a xestión emocional, a empatía e a resolución pacífica de conflictos. Como todo isto faise fundamental na etapa de Educación Infantil traballarémolo durante todo o curso escolar tanto nos talleres como de xeito individual nas nosas aulas.

Aquí vos deixamos un enlace para que lle votedes unha ollada:

http://mundodemilu.org/es/20

 

 

Hoxe coñecemos a Draco, un dragón que ten problemas para xestionar as súas emocións e que é a mascota do proxecto. A Draco axúdalle a súa amiga Andreia, unha fada que o vai guiando para resolver as diferentes situacións que se plantexan nos contos. Vímos o primeiro conto sobre a conciencia emocional no que Draco enfadábase moito porque un amigo quítalle o seu xoguete. Entre todos fixemos unha chuvia de ideas sobre o que sentimos cando nos enfadamos e como podemos actuar para resolvelo.

Despois pasamos á ACCIÓN!!

E creamos as nosas RULETAS DAS EMOCIÓNS!! Estas ruletas terémolas nas nosas clases para xogar con elas cando estemos no rincón das emocións e axudarannos a avanzar no vocabulario que nos permita expresar o que sentimos en cada momento.

 

Neste enlace temos un video resumo dalgún momento do taller de hoxe. Esperamos que nos acompañeis na viaxe por este reino!!

 


A arte do Outono

No taller deste venres deixamos voar a nosa imaxinación e creatividade e fixemos unhas composicións artísticas cos elementos naturais que trouxemos das nosas casas

MOITAS GRACIAS FAMILIAS!!

Como artistas que somos, as nosas obras quedaron colagadas no noso corredor... vestindo o cole coas cores do outono.

Ademais nesta semana estivemos investigando sobre o material que trouxemos ao cole, cantas cousas!!! Ourizos, pinas, froitos secos, follas, froitos carnosos, paus, musgo... así puidemos:clasificar, contar, tocar, oler, xogar... e sobre todo pasalo ben.

Deixámosvos ver como desenvolvemos o noso taller.... 

VAIA SI CREAMOS!!

 

 

 

 

Vendimiando con Amor! ❣

Para dar comezo ao outono, o venres pasado, fixemos unha vendimia ao estilo tradicional!!

O que máis nos gusta é xogar, tocar, investigar, trastear, ensuciarnos, experimentar... así que, fóra zapatos e veña....

A ESMAGAR UVAS!!!

As sensacións foron moi diversas: está frío, molla, fan dano as pepitas, sae auga, ten un cor moi feo, ole mal, fai cóxegas, as uvas están brandas... para que finalmente sairá o MOSTO que non viño!!

Rematamos facendo un brindis polo noso traballo con zumo de uva....que por certo,

estaba BOÍSIMO!!

 

Aquí tedes unha pequena mostra da Vendimia!

 

 

 

Benvidos a unha nova viaxe!!

Cargadas as pilas tras as vacacións... Damos a BENVIDA a esta viaxe polo tempo que imos comezar.

Coa viaxe polas civilizacións coñeceremos os estilos de vida, alimentacións, festas, costumes, vestimenta... e o máis importante DIVERTIRNOS APRENDENDO!!

Deste modo, os nenos e nenas de tres anos convertiránse en Indios, os de 4 anos afondarán na vida dos Exipcios e o alumnado de 5 anos axudaránnos a coñecer aos Vikingos. Faremos investigacións, talleres, manualidades, instalacións artísticas, murais, xogos... co único obxectivo de que os nenos e nenas de Infantil aprendan xuntos, se relacionen, aprendan do outro, se axuden, respecten, cooperen...

Facendo unha PIÑA!

É por elo, que vemos importantísimo que as familias teñan presencia neste proxecto e participen de forma activa. Aproveitamos para invitarvos a que vos involucredes nesta andaina e facer máis forte o lazo de unión entre familia e escola.

Neste recuncho da páxina do cole, poderedes ver o traballo que vamos facendo entre todos, estade atentos e atentas ás NOVIDADES!!

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut