Skip to Content

Educación Infantil

Rica receita para recibir o verán!!!

 

Bo día familias!
Imos pola recta final!!!!
Rematamos a semana cunha rica receita de verán ;)
 
 
Elaboramos os nosos xeados: Precisamos vasos de plástico (podemos reciclar e reutilizar os envases do iogur) e culleres ou paus de xeado.
Podemos facer un zume cas nosas froitas favoritas, verter no vaso e colocar o pau ou culler. Tamén podemos triturar a froita para aproveitar todas as súas propiedades e verter no vaso ou podemos mesturalo con iogur natural.
Tamén podedes deixar algún trociño de froita sen triturar para encontrala logo no xeado, ao gusto de cada un.
Unha vez listo metemos no conxelador e a gozar da rica froita fresquiña!!
 
 
 
 
 
Por outra banda, deixámosvos as tarefas do teacher José:
Esta semana imos con 2 cancións para aprender:
- What´s this? What´s that? (Que é isto? Que é iso?)
Pódense colocar obxectos pola habitación do/a neno/a e preguntarlle "What´s this?" e "What´s that?"
 
 
 
- Rock, scissors, paper (pedra, papel, tesoira).
Vemos o vídeo e aprendemos a dicir e facer o xesto de rock, scissors e paper e, despois, podemos xogar un pouco.
 
 
 
 
 
 
Seguimos en contacto en virxedacelainfantil@gmail.com
 
Pasade bo finde!!
 
 
 

 

Facemos papel!

 

Bo día familias!
 
Hoxe ímos facer unha actividade manipulativa para reciclar e crear os nosos propios recursos!
 
Facemos papel!: O papel faise ca celulosa da madeira, pero nós empregaremos outros materiais que temos por casa. Primeiro botamos anacos de papel de xornal nun recipiente con auga, repousamos e escorremos cun coador. Logo depositamos esta masa ou pasta enriba dun papel de forno e estiramos. Deixadeo secar ao sol e logo xa podedes pintar ou escribir nel, o que se vos ocorra!
 

 
 
 
 
 
 
Deixámosvos tamén as tarefas de Noelia:
"Xesús e os nenos". Lembrade que Xesús é amigo de todos os nenos. El dixo: Deixade que os nenos veñan a mín, eu os amo con todo o meu corazón.
 
Vídeo e canción "Xesús, meu amigo".
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Por último, deixámosvos un vídeo con todos os vosos traballiños destas semanas :)
Esperamos que vos guste!
 
Moi bo traballo!!!
 
 
 
 
Seguimos en contacto en virxedacelainfantil@gmail.com
 
Unha aperta!
 
 
 
 
 

 

Xogamos coas letras

 

Bo día familias!
 
Volvemos unha semana máis cunha proposta para que os nenos e nenas aprendan mentres manipulan e traballan a súa creatividade :)
 
 
Arte coas letras: Nun folio escribiremos con cera branda o noso nome, o abecedario, vocabulario… o que queirades. Logo imos facer “maxia”. Pintaremos con acuarelas de cores sobre cada letra e vemos como en vez de quedar tapada pola pintura, as letras aparecen como se fose maxia. Quedará moi colorido!
 
 
 
 
 
 
 
 
Por outra banda deixámosvos as tarefas de inglés:

 

Esta semana seguimos coas accións e repasamos as partes do corpo:
- The clap song!
 
Clap (aplaudir), pat your knees (acaricia os teus xeonllos), stomp your feet (pisotea), blink your eyes (parpadea), wiggle your ears (move as orellas). Sería interesante facer os movementos para que o neno/a os imite.
 
 

 

- This is me!
Head (cabeza), eyes (ollos), nose (nariz), mouth (boca), ears (orellas), arms (brazos), hands (mans), fingers (dedos), leg (perna), feet (pés), toes (dedos dos pés).
 
 
 
- E un clásico para os máis pequenos:
 
 
 
 
Este sábado fixemos entrega das vosas donacións a Asociación Gatocan, quedaron moi agradecidos.
 
Moitísimas grazas a todos/as!!!
 
 
 
 
 
Seguimos en contacto en virxedacelainfantil@gmail.com
 
Ata o próximo día!

 

 
 
 

 

Trazo manipulativo

 

Bo día familias!
Rematamos a semana cunha actividade manipulativa ;)
 
 
Traballamos o trazo: Nunha bandexa botamos material co que poder crear trazos e grafías co noso dedo ou un rotulador. Pode ser azucre, sal, bicarbonato, arroz… Agora a crear trazos de letras (por exemplo o noso nome, vocabulario… Animádevos a traballar as minúsculas!!), números, figuras xeométricas ou os debuxos que queirades ;)



 


 
 
 
Tamén vos informamos de que todas as donacións aportadas para a Asociación Gatocan serán entregadas mañá ás 12:30. Moitísimas grazas pola vosa colaboración, failles moito ben. A visita cos peques queda aprazada para o curso que ven se todo vai ben.
MOITAS GRAZAS!
 
 
Seguimos en contacto en virxedacelainfantil@gmail.com
Gozade do fin de semana!

 

Continuamos xogando e aprendendo :)

 

Bo día familias!
Continuamos traballando actividades lúdicas. Comprendemos que chegados a estas alturas do curso xa non apetece poñerse a facer as tarefas, polo que vos imos deixar unha proposta lúdica cada día por se vos apetece facela.
 
Hoxe ímos crear un obxecto que flote: cos materiais que temos por casa (paus, goma,…) debemos crear un obxecto que flote e probalo! Realizade hipóteses sobre que obxectos poden flotar e cales non e logo comprobádeo na auga.
Se funciona, podedes decoralo para convertelo nun xoguete para a piscina ou a bañeira :)
 
 
 
 
 
 
 
 
Por outra banda deixámosvos as tarefas de relixión:

 

 
Lembramos a "Parábola de ovella perdida", igual que o pastor foi a buscala porque a quería moito, tamén Xesús nos coida e nos quere moito coma se fose o noso pastor. 
 
 
 
Podedes mandarlle as tarefas ao seu correo matarranz@edu.xunta.es
 
 
 
 
 
Nós seguimos en contacto en virxedacelainfantil@gmail.com
 
Apertas!

 

 
 
 
 

 

Actividades lúdicas

 

Bo día!
Hoxe imos traballar unhas actividades lúdicas, esperamos que vos gusten :)
 
Arte con xeo: imos crear as nosas composicións primaverais con flores, follas, trozos de froita… Para iso necesitamos un recipiente que se poda meter no coxelador, botamos auga e logo botamos os elementos que máis nos gusten para crear unha composición super colorida!! Metemos ao conxelador e unha vez conxelado, quitámolo do recipiente e veremos que forma teñen as nosas composicións. Podemos xogar con el mentres vai desconxelando e experimentar coas texturas.
 
 
 
 
 
Arte con verduras e froitas: Agora tócanos estampar froitas ou verduras, cortamola en diferentes formas, botámoslle pintura e a estampar!! xa veredes que composicións máis bonitas e coloridas!!
 
 
 
Seguimos en contacto en virxedacelainfantil@gmail.com

 

 
Ata o próximo día!

 

 

 

Creamos minimundos e a xogar!

Bo día familias!
Xa estamos aquí un día máis para ofrecervos actividades divertidas para facer cos peques :)
 
Creamos minimundos: Os minimundos favorecen o xogo sensorial que lle permiten ao neno ou nena dar forma a imaxes ou contextos que teñen na cabeza. Poden crear moitos tipos de minimundos: Praias, bosques, desertos,… Deben empregar elementos da natureza (terra, herba, flores, xeos…) e elementos estruturados como xoguetes de casiñas, animais, coches…
Pódeno crear ao aire libre no chan ou dentro nunha base grande como un cartón ou bandexa de plástico.
Veña a xogar!!! 
 

 

 

 
 
 
 
Facemos figuras xeométricas con elementos da natureza: Outra proposta para xogar ao aire libre e facer figuras xeométricas con elementos que atopamos no xardín: paus, pedriñas, flores, follas… Podemos crear todas as figuras que coñecemos en diferentes tamaños.
 
 
 
Por outra banda deixamos as actividades do teacher José:
 
Esta semana faremos un pouco de exercicio e aprenderemos ao mesmo tempo
 
- Fast and Slow! Teñen que ver o vídeo e facer o que lles manda:
1º. Hop (salta á pata coxa). O vídeo di Hop(salta), primeiro fast (rápido) e despois slow (lento).
2º Walk (anda). Primeiro fast e despois slow.
3º Skip (salta á comba). Primeiro fast e despois slow.
 
4º Swim (nada). Primeiro fast e despois slow.
 
 
- Walking, walking... A canción vai dicindo walking (anda), stop (párate), hop (salta á pata coxa), tiptoe (anda de puntillas), run (corre), jump (salta).
 
 
 
Podedes mandarlle as actividades ao seu correo jatobv87@gmail.com
 
 
Lembrade que o luns  é a recollida das mudas.
Seguimos en contacto en virxedacelainfantil@gmail.com
 
 
Pasade bo finde!
 
 

AVISO PARA A RECOLLIDA DE MATERIAL E MÁIS ACTIVIDADES DIVERTIDAS :)

 

Bo día familias,
Queremos darvos un AVISO IMPORTANTE:
O luns da semana que ven poderedes pasar polo cole para recoller as mudas e outros materiais que deixaran os nenos e nenas antes da suspensión das clases.
 
O horario a seguir será:
 
LUNS 1 DE XUÑO
10:45 a 12:00 h: 5º curso de Ed. Infantil (acceso pola entrada de Ed. Primaria).
10:45 a 12:00 h: 4º curso de Ed. Infantil (acceso pola entrada central de administración).
12:00 a 13:15 h: 6º curso de Ed. Infantil (acceso pola entrada central de administración).
 
As normas para acceder ao centro:
- Unha única persoa por familia para recoller as pertenzas do alumnado. Non se pode acceder ao centro con menores.
- Na entrada botar
xel hidroalcohólico nas mans. Obrigatorio o uso de mascarilla.
- Permanecer no interior o menor tempo posible.
 
Ademáis, para evitar as aglomeracións deberedes esperar fora, mantendo a distancia de seguridade e sen entrar no centro, ata que vos chamemos as mestras un por un. Nós vos acercaremos as pertenzas dos cativos e cativas para unha maior seguridade.
No caso de non poder asistir nese horario ou esa data podedes encargar a outra persoa que volo recolla (SEMPRE AVISANDO ÁS MESTRAS DE QUEN O RECOLLERÁ) ou poñédevos en contacto con nós.
 
 
 
 
Agora pasamos a comentarvos as propostas para hoxe, imos aló con máis actividades ben divertidas.

 

Hoxe imos combinar a lectoescritura con actividades ao aire libre.
APALABRADOS XIGANTE
Antes de comezar a xogar temos que preparar o material. Teremos que facer uns cadradiños (metade dun folio) e neles escribir letras, cada letra nun cadriño. Podemos repetir letras, sobre todo vogais, para logo poder formas as palabras.
(Se algún neno ou nena quere pode facelo en minúsculas.)
Logo de ter listo o material, saímos a un lugar ao aire libre e repartirmos 5 letras a cada xogador (mínimo dúas persoas) e o resto poñémolas nun montón, un pouco afastado, como no medio dos dous xogadores.
Coas letras que temos deberemos formas palabras, se non temos letras suficientes teremos que ir ao montón por letras, só podemos coller unha de cada vez.
Para poder ir polas letras, os dous xogadores terán que contar en voz alta: “ 1...10, XA”
Gañará o que máis palabras consiga ou o que remate antes as letras que ten.
Seguro que o pasades moi ben!!
 
BOLSAS SENSORIAIS
Buscamos pola nosa casa bolsas de conxelar que teñan peche fácil se non o teñen poñemos fiso ou celo na parte superior.
Pero aínda non....mirade o que imos facer.
Vamos meter nesa bolsa letras magnéticas, letras de xogos que temos na casa, letras que se poidan mollar...escollede unhas.
Se non tedes, non vos preocupedes. Faremos unhas! Facemos as letras que queiramos e cortamos ao redor, logo cubrímolas con fiso ou cela, a modo “plastificar”.
E xa as temos listas!!
Cando teñamos na bolsa as letras poñemos xel de ducha, un bo chorro, e auga, podemos engadir se temos purpurina.
E, agora a xogar, busca un lugar cómodo ao aire libre.
Temos que tratar de colocar as letras para que poidan formar nomes.
(as letras que fagamos ou que fabriquemos poden ser en minúsculas, e podemos meter as que precisemos para formas os nomes da nosa familia, mascotas, lugares...o que se vos ocorra)
Goza escribindo e ten moita paciencia!!
 
TENDAL DE LETRAS
Vamos empregar pinzas da roupa para esta actividade. Para iso imos escribir as letras que precisamos, en cada pinza, para formas os nomes dos nenos e nenas de clase. Non teñen porque ser todos, chega con 5 ou 6 nomes.
Cando teñamos varios nomes imos ao tendal da roupa. Colocamos todas as pinzas mesturadas nunha corda, mestúraas ben.
Agora empecemos a xogar. O obxectivo é tratar de facer canto antes os nomes que pensamos.
Poñémonos a 10 pasos grandes do tendal e facemos unha marca no chan de saída. Contamos todos os xogadores en voz alta ata 10 e saímos correndo a poñer os nomes, collendo as pinzas que precisamos.
Para facelo máis complexo, podemos ter un cronómetro que nos marque un tempo para buscar as letras que precisamos, iso xa ao voso gusto.
Non se trata de ir moi rápido, senón de ser observador e paciente e buscar as pinzas que precisamos.
( as letras que escribimos nas pinzas poden ser minúsculas)
 
Esperamos que estas actividades vos permitan xogar coa lectoescritura gozando do bo tempo que temos, lembrade que os xogos os podemos adaptar as características que teñamos na nosa casa.
 
 
Por outra banda, deixámosvos as tarefas de Noelia, a mestra de relixión:
 
 
Apertas moi grandes, cada día se nos fai máis pesado non poder estar con vós no cole para facer estas actividades no patio.
Pasámolo moi ben o luns na videochamada! Tiñamos moita gana de falar con vós, moitas grazas a todos os que vos puidéchedes conectar. Antes de rematar o curso faremos outra videochamada cada clase por separado para que os peques falen cos seus compañeiros e compañeiras se queren :)
 
 
Seguimos en contacto en virxedacelainfantil@gmail.com!

 

Xogos didácticos

 

Boa semana familias, andamos por aquí de novo, no noso blogue.
Comezamos a semana con xogos didácticos moi divertidos, atentos, que vamos pasar un “refrescante” ratiño.
Como vimos que o das construcións se vos dá xenial, creastes auténticas obras de arte, imos avanzar nese camiño.
Poñede atención ao seguinte!!
Toca facer unha construción con recipientes en alturas, soa moi ben verdade; precisamos:
Recipientes de plástico de distintas formas, botellas, tuppers, baldes, embudes, garrafas, o que teñades pola casa.
Cordóns, fíos, bridas,...
Recortes de tubos
E moita, moita imaxinación e paciencia.
Primeiro buscamos unha parede lisa onde montar o circuíto, árbore, palés...onde máis cómodos vos sintades.
Facemos a selección do material que imos empregar facendo series de recipientes do máis grandes aos máis pequenos; en caso de dúbida facedes a comparación coa auga que leva cada un deles.
Logo pensamos como colocar os nosos recipientes en diferentes alturas para que cando vertamos auga circule por el, pódenos axudar a nosa familia a darnos algunha idea ou ven consultar na rede circuítos, velaquí algúns:
 

 

 

 
 
Son simplemente ideas para que poidades empezar a pensar no voso propio circuíto. Esta actividade é importante para que o neno ou nena mellora o seu esquema mental, traballar o concepto de volume, comparar a capacidade dos recipientes, probar as hipóteses que fagan ( colle toda auga neste recipiente?, verterá se pasa deste recipiente a este? ...) desenvolva a creatividade e a imaxinación, traballar con materiais continuos como a auga... entre outros moitos.

 

Intentaremos que o neno ou nena sexa o protagonista da actividade, non é tan importante o bonito que quede senón que sexan eles os que constrúan os percorridos. Logo, se vos apetece podedes facelo máis atractivo pintando as botellas, poñendo frechas que indiquen o percorrido, sinais...o que se vos ocorra.
Sería bo que lle puxerades un nome ao voso circuíto e gravarades como funciona, un vídeo curtiño para que o poidamos enviar facilmente.
Seguro que o pasades moi ben con esta actividade, a por todas!!
Para aqueles que queirades seguir experimentando podedes probar o circuíto con outro material continuo como pode ser a area ou ben auga con colorante que o fai máis chamativo.
Contádenos que pasou se o percorrido o fas con area, terra, sal, azucre ...que pasará?
Finalmente, deixa pegada desta fermosa actividade facendo o debuxo do teu circuíto, quizais o queiras facer de novo outro día.
Ánimo peques, coidadiño coa auga, aínda que si cae algunha pinga por riba tamén nos refrescamos jejej
 
Deica pronto artist@s!!
Vémonos pola tarde ás 17:00 en Cisco Webex :)
Revisade se vos chegou a invitación ao correo
 
 
Seguimos en contacto en virxedacelainfantil@gmail.com

 

Rematamos a semana gozando ao aire libre ;)

 

Bo día familias!
 
Hoxe continuamos coas propostas ao aire libre e con material non estruturado. Pensamos que a estas alturas do curso (e moito máis este ano nestas circunstancias) o que máis agradecen os nenos e nenas é pasar o máximo tempo posible ao aire libre polo que estas actividades véñenlles moi ben :)
 
 
Pintar con flores:
Para crear pintura con flores necesitamos un mortero e un pouquiño de auga. Meteremos no mortero os pétalos de diferentes flores e cores e machacamos. Engadimos un pouquiño de auga e a pintar!! Collede un folio e un pincel e deixade voar a imaxinación cos elementos da primavera.
 
 
Pintar con xeos:
Colleremos unha cubitera plana e botámoslle auga e colorante para crear diferentes cores, poñemos en cada cubito un pau ou palillo para coller despois o xeo coa man e metemos no conxelador. Cando estean feitos collemos un folio, poñemos un cartón debaixo e compoñemos os nosos debuxos.
 
 
Creamos os nosos nomes e os da nosa familia:
Os nenos e nenas terán que ir recollendo diferentes elementos da natureza como pedras, paus, flores, follas… e con eles crearán o seu nome e apelidos e logo irán xogando a crear os nomes dos membros da súa familia, os seus compañeiros/as… ou xogar con diferentes palabras de vocabulario. Lembrade traballar a conciencia fonolóxica sempre que escriban algo lembrando con eles o fonema/son da letra e logo de cada sílaba.
 
 
 
 
 
 
 
Tamén vos deixamos as propostas de inglés:

 

 
- Big and Small: Teñen que sinalar os debuxos que son grandes (BIG) ou pequenos (SMALL)
 
 
 
- Story "Big and Small": ver o vídeo
 
 
Podédeslle mandar as tarefas ao teacher ao seu correo:
jatobv87@gmail.com
 
 
 
 
 
Por outra banda, lembrámosvos a videochamada que propuxemos para o Luns 25 de Maio ás 17:00.
 
Tedes que descargar a aplicación Cisco Webex no ordenador ou móbil e rexistrarvos cun correo e contrasinal. O luns cando sexa a hora entrades na aplicación co correo e contrasinal e sairá a opción “unirse á reunión”, pinchades alí e xa sae.
Lembrade mandarnos, os que vos queirades unir á videochamada, o voso correo electrónico (o mesmo que empregades para entrar en Webex).
 
A reunión é voluntaria, reunirémonos os nenos e nenas de 5º e 6º de infantil e estaremos as tiroras e a profe Ruth :). Verémonos todos ao mesmo tempo polo que máis cómodo é no ordenador. De todos os xeitos, a aplicación da a opción de ver a todo mundo ao mesmo tempo ou ver tan só á persona que está falando nese instante, como vos sexa máis cómodo.
 
Vémonos o luns!!!! temos moita gana de charlar con vós un pouquiño e saber como vos vai :)
Seguimos en contacto en virxedacelainfantil@gmail.com
 
Ata o próximo día!
 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut