Skip to Content

Topito terremoto!

 

Bo día familias!
Hoxe continuamos traballando de forma lúdica cun conto.
Tócanos coñecer a “Topito terremoto!”
 
Aquí tedes o enlace para visionalo:

 

 
 
Este conto relacionado coa intelixencia emocional é moi divertido e trata temas como a hiperactividade, as etiquetas negativas ou a canalización da enerxía.
 
No día de hoxe imos traballar a CONCIENCIA FONOLÓXICA. Este aspecto é fundamental traballalo xa que é o paso previo para adquirir unha boa lectoescritura. Os nenos e nenas deben comprender que a linguaxe é oral e ten sons, polo que é moi importante que ademais de coñecer o nome dunha letra a relacione co seu fonema, o seu son.

 

 
 
 
Para iso imos traballar unha serie de xogos:
 
1. Rimas: No conto vemos como a toupiño os seus amigos lle poñen moitas etiquetas negativas polo que el está moi triste. O primeiro que faremos é elaborar unha listaxe con esas etiquetas: Inquieto, nervioso, inseguro, plomo, hiperactivo, impulsivo, impaciente…Escríbeas e, solo se te ves animado, podes empregar as minúsculas. Vai dicindo en alto como sona cada letra.
Cres que estas etiquetas son boas para toupiño? Son certas? Como cres que se sinte? Que podemos facer para que se poña contento?
Imos elaborar unha listaxe con palabras positivas que lle podemos dicir a toupiño (por exemplo alegre, anérxico…) para que se sinta mellor. Escribe esta lista tamén.
 
Agora imos traballar a conciencia fonolóxica facendo rimas!
Colle a listaxe das etiquetas negativas, ves algunha que rime entre sí? Une ou rodea. Hai algunha que rime coa listaxe de palabras positivas que fixeches? Une ou rodea.
Agora busca palabras que rimen con cada unha das palabras das túas dúas listaxes.
 
 
 
2. Palmadas coas sílabas:A maiores de todas as etiquetas anteriores, no conto se traballa moito vocabulario relacionado coas emocións. Ímos traballar un pouco con estas palabras.
Elabora outra listaxe e se te animas escribea co seguinte vocabulario (vai dicindo en alto como sona cada letra e como sonan formando as sílabas): Calma, atención, alegría, arriba, abaixo, enerxía, turbo, bo, creativo, soño, temor, marabilloso, relaxación, concentrado e motivado.
Coñeces o significado de todas estas palabras? Explícaas coas túas palabras ou represéntaas co teu corpo.
Agora imos xogar con elas, temos que dicir cada palabra en alto e dar palmadas por cada sílaba. Contade cantas sílabas ten cada palabra e escribe o seu número debaixo, busca cal é a máis longa e cal é a máis curta, tes que dicirllas a un adulto ou rodealas se as escribiches previamente.
 
 
 
3. En busca de sons: Vamos escoitar con moita atención o conto de novo, poñendo atención nos sons das palabras. Por exemplo, en busca de palabras co son da letra R: terremoto, turbo, rompe, carril… Para facelo máis sinxelo, a persoa que vos axude pode escoller varias palabras do conto e despois que o neno ou nena teña que buscar nelas o son que se pide: R, S,T,L… Rodea, subraia, tacha…
 
 
 
4. Xogamos co nome: Todos os nomes comezan por unha sílaba; non si? Pois imos utilizala para xogar. Primeiro escribimos a primeira sílaba do noso nome e logo completamos a palabra con outras sílabas para formas novas palabras
Podes debuxar ao seu carón o que escribiches.
Sería así:
GEN……GENTIL
SAN….SANDÍA
 
 
 
* O IMPORTANTE destes xogos é traballar a conciencia fonolóxica cos nenos e nenas polo que se non lles apetece escribir estas listaxes simplemente poden dicilas e xogar coas rimas e as sílabas.
 
 
 
Para rematar, Topito Terremoto tiña que entregar un traballo de fin de curso.
Imos nós facer un.
Que vos parece se facemos un debuxo? Fixádevos que os debuxos do conto son como de cartón…animádesvos a facer un debuxo con cartóns.
(Facer as figuras con cartón, facer o debuxo en tres dimensións, Debuxar no propio cartón… o que vos guste máis).
Esperamos impacientes por esas obras.
 
 
 
Ata a próxima semana, que pasedes bo fin de semana!
 
Seguimos en contacto en virxedacelainfantil@gmail.com
 

 



page | by Dr. Radut