Skip to Content

Así é o meu corazón

 

Bo día familias, como ides? Volvemos co noso blogue propoñendo unha serie de actividades co conto
ASÍ ES MI CORAZÓN”
Velaquí tedes a ligazón para velo:
 
 
 
 
 
 
Agora imos escribir a un lado do folio, con letras minúsculas se vos animades, as emocións que experimenta a protagonista do conto (enfadada, triste, contenta, medosa...). Logo debuxamos na outra parte, ao carón da emoción correspondente, a forma do corazón e cor da que nos fala a nosa protagonista.
Volve ver o conto para fixarte nas formas!!
 
 
 
 
 
Seguro que na casa tes un montón de xornais, revistas, panfletos... que quedaron en desuso.

 

 
Vai en busca deles!
 
Xogo de letras: Recorta letras, moitas letras.... que che axuden a escribir palabras que representen como te sentes neste momento. Por exemplo: entusiasmado, feliz, contenta... o que ti queiras!
Logo, vai pegando as letras para ir formando as palabras. Podes volver a escribilas con letras minúsculas debaixo.
 
Veña ti podes!!
 
 
 
Collemos distintas témperas de cores ou algún material similar e colocamos tantas pegadas do dedo polgar como letras teñan as palabras que imos escribir. As palabras son os animais que aparecen no noso conto.

 

Cantos animais contaches? E cantas letras ten cada animal?
 
Colle cores clariños para que se vexan as letras!!
 
 
 
Despois de facer este traballo relaxámonos facendo o noso corazón colgante. Precisamos:
- Un cordón ou fío.
- Cartolinas ou goma eva.
- Pegamento.
- Lápis e goma

 

Fixámonos nas cores dos corazóns do conto e facemos nós tantos como teña o libro. Todos do mesmo tamaño, fai o primeiro e cálcao e así sucesivamente.
 
Agora para que se vexan todas as cores temos que ir facendo corazóns de máis grandes a máis pequeniños nos que fixemos anteriormente... así veranse todos cando os xuntemos ( debemos colocalos os que teñan os corazóns máis grandes abaixo e encima os máis pequenos).
Podemos xuntalos de varias formas; pegalos ou ven facer un buratiño arriba por onde metemos o fío que nos permitirá colgalo, como prefirades.
Ao gusto de cada un podemos poñer purpurina, pegar brillantiños, debuxar cariñas... o que máis vos chame á atención.
 
Xa temos o noso colgante feito!!
 
 
Finalmente, de que cor é o teu corazón? Iso nos preguntan no conto. Escollede unha cor ou varias e debuxádeo. Logo poñede debaixo unha mensaxe, palabras, emoticonos...que exprese o motivo desa ou desas cores.
 
Seguro que saen uns corazóns ben coloridos!!
 
 
Que vos parece se para rematar as tarefas con este conto elaboramos unha lista de palabras que nos axuden a mellorar aquelas emocións máis negativas que aparecen no conto, como pode ser o enfado.
Entre todos e todas seguro que atopamos moitas palabras que nos axuden a que se nos pase ese enfado que nos pon as meixelas vermellas.
 
Ánimo peques!!
 
 
Tamén vos deixamos as tarefas do teacher José:
Imos repasar os estados de ánimo (happy, sad, angry, bored, etc.). Podemos facer conversacións tipo:
- How are you?
- I am happy/sad/relaxed/angry.
 
 
 
Se podedes imprimide o documento, o neno/a pode sinalar a súa resposta (se responde "sad", sinala a
imaxe correspondente).
 
E tamén imos repasar os animais, podendo facer conversacións tipo:
- Where is the rabbit/elephant (onde está o coello/elefante?)
 
- The rabbit/elephant is here (o neno/a contesta e sinala a tarxeta correspondente).
 

 

 

 
E tamén van varias cancións:

 

 
- How are you?
 
 
 
- Yes, I can.

 
 
 
 
 
Lembrade tamén visitar o blogue da profe Ruth:
Ata moi pronto

 



page | by Dr. Radut