Skip to Content

Celebramos o entroido e mandamos unha mensaxe a uns novos amigos/as!

Boas familias, andamos xa de novo polo blogue para contarvos as últimas novidades.

Primeiro, queremos deixarvos os vídeos do noso festival de Entroido, que estivo xenial! Ademais dos mandados do Meco… fomos uns auténticos arqueólogos.
 
 
Moitas grazas por vir e participar no noso desfile e colaborar co Meco.
 
 
E logo, queremos amosarvos o noso vídeo resumo do proxecto das civilizacións, xa que estamos facendo un intercambio co colexio “ Anxo da garda” de A coruña. 
Moi pronto recibiremos deles o resumo do seu proxecto…. estamos ansiosos e ansiosas por  ver o seu proxecto.
Este vídeo está moi chulo, non dubidedes en premer no PLAY para velo; non vos ides arrepentir; asegurámosvolo!!
 
 
 
 
 
 
Deica pronto familias, estamos en contacto.
 


page | by Dr. Radut