Novas

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR PARA O ALUMNADO DA EDUCACIÓN PRIMARIA E ESO PARA O CURSO 2015-16

DESTINATARIOS: Alumnado matriculado en Primaria ou ESO e cunha renda per cápita familiar inferior a 5.400 euros (exercicio 2013). Son COMPATIBLES coas axudas para adquisición de libros de texto.

PRAZO: 1 mes, dende o 2 de setembro ata o 1 de outubro.

INSTRUCIÓNS SOBRE O FONDO SOLIDARIO DE LIBROS PARA AMPLIACIÓN DE EXISTENCIAS CENTROS PÚBLICOS TITULARIDADE DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA.

Ao obxecto de ampliar o nivel de cobertura do fondo solidario de libros de texto, regulado pola Orde do 21 de maio de 2015 (DOG do 1 de xuño), e garantir que o alumnado admitido con renda per cápita poida dispoñer de libros de texto a través do fondo, os centros deberán adquirir os libros de texto que complementen os xa existentes no fondo.

CALENDARIO DE ENTREGA DOS BOLETÍNS DE AVALIACIÓN

 

 

PRIMARIA

 

ESO

 

DATA DE ENTREGA
DOS BOLETÍNS

 

19 de Xuño 23 de Xuño
(A partir das 12 horas)

 

RECLAMACIÓNS

 

  23 e 24 de Xuño

DEVOLUCIÓN LIBROS DE TEXTO

Recordade que o venres 19 de xuño será a data tope para devolver os libros de texto adquiridos o ano pasado. Aquel alumno/a que non o devolva ou que o faga nun estado non aceptable para o seu uso o próximo curso, NON PODERÁ SOLICITAR NIN RECIBIRÁ as axudas para o libros de texto ou os libros do Fondo Solidario, segundo cada caso, no curso 2015-16.

Distribuir contido