ROMPENDO ESTEREOTIPOS O 8 DE MARZO


Este 8 de marzo tan diferente decidimos facer unha análise dos estereotipos que levan a que as rapazas teñan condicionados moitos aspectos da súa vida… os xoguetes que nos ensinan habilidades para o noso futuro, as expectativas sobre o noso futuro laboral en función de que sexamos nenas ou nenos, as cores e xoguetes que asociamos a cada sexo, as habilidades que consideramos innatas en rapaces e rapazas (os coidados, a conducción, etc.), a asociación de muller e maternidade como algo natural en todos os casos, restando a liberdade que sexa unha opción e non algo que tanto homes coma mulleres podemos e debemos decidir. Hay unha morea de estereotipos que encorsetan o que significa “ser muller, nena ou rapaza” e por tanto “ser home, neno ou rapaz”. Nós apostamos pola liberdade de decidir o que queremos ser sen condicionantes de ningún tipo. Ser conscientes destes estereotipos é o primeiro paso para que sexamos máis libres na nosas opcións e decisións.