FESTIVAL 2018-2019


Abrimos esta última entrada do período lectivo coa pequena homenaxe aos nosos tres alumnos que este curso nos deixan para irse a outros centros: Marcos, Martín e Rubén. Desexamos que todo vos vaia fenomenal. Foi un pracer facer parte do camiño xuntos/as.

Cuns presentadores e presentadora iniciándose para o seu paso a secundaria, Javi abriu o festival falándonos das orixes do teatro.

A obra de teatro Just boys foi todo un éxito e as familias asistentes e toda a rapazada e profes do centro desfrutaron moitísimo e botaron unhas cantas risas. Nos descansos de cada acto os rapaces de infantil e primaria deleitáronnos cuns cantos bailes. Empezaron os de Infantil con "Down in the Jungle" coa animación da profe Sonia.

 


Os rapaces e rapazas de toda primaria preparon "Can´t stop the feeling" de Justin Timberlake coa profe Sonia e "La venda" coa profe María. Os flashes non deixaban de saltar.

As rapazas de 1º e 2º da ESO tamén tiñan unha sorpresa e no descanso entre o 3º e 4º acto interpretaron un pequeno entremés "Instantánea".

Por último deixamos o making of do festival. Temos que agradecer ás familias a súa presenza tan importante para os nosos nenos e nenas, á Carla pola súa axuda como técnica de son, a David, Jesús e Sofía que nos presentaron cada unha das partes do festival, a todos os profes polo traballo feito para que fose posible e a todo o noso alumnado polo seu traballo, ilusión e bo comportamento nun día tan especial.

E aquí tedes toda a obra para poder recordar no futuro e botar unhas risas. Bravo rapaces e rapaza! E Javi! Tremenda interpretación!