FESTIVAL DE NADAL 2017

Antes de despedirnos temporalmente ata o 8 de xaneiro celebramos o noso pequeno festival de Nadal. Cantamos e tocamos panxoliñas tradicionais, en inglés, inventados por nós (ou máis ben por Adrián, o noso profe de música), e, como novidade, tivemos un concurso por equipos consistente en adiviñar as cancións que ían soando, dentro dunha lista que previamente nos facilitou Javi, o profe de música e xeografía. Moito aprendimos de música dos 80 e dos 90!! Despois tivemos os nosos pinchos de Nadal e pola tarde os maiores sesión de cine e os pequenos xogamos, rimos, saltamos,... coas actividades organizadas pola ANPA: colchonetas, globoflexia e pintura de cara. Pasámolo fenomenal! Ata nos despedimos con pena por uns días de merecidas vacacións.