Ámeto Mítico, charlando con poetas

Hoxe tivemos a sorte de recibir a visita de 3 poetas, unha galega, un italiano e un irakí. Estes tres escritores estiveron vivindo a experiencia do Camiño de Santiago dende Vilafranca, entorno ao libro de Ámeto Mítico de Uxío Novoneyra. Xa é a segunda vez que veñen baixo este proxecto traídos pola Fundación Uxío Novoneyra. A experiencia foi moi enriquecedora para o alumnado de 4º a 6º de primaria e o alumnado da ESO. Recitáronnos obras propias en diferentes idiomas (galego, italiano, árabe e inglés) explicándonos as motivacións e inspiracións que os levan a escribir.  A continuación algunhas imaxes da actividade: