Cea de gradación de Carla e karting!!

O martes 21fixemos a derradeira saída deste curso. Primeiro tivemos unha intensa e divertida competición aos karts en Cabanas. O alumnado deu guerra pero finalmente a experiencia ao volante impúxose. Só hai que ver o podio! Ricardo de primaria cun merecido terceiro posto. Juan, antigo profesor de Carla que tamén nos acompañou este día, arrincou unha segunda posición moi disputada. E finalmente, imbatible na pista, intratable en cada trazada, o profesor de química Gabriel en primeiro lugar.

 

Logo da intensidade da carreira fomos encher os bandullos ata Ponferrada. A “última cea” de Carla cos seus compañeiros e profes antes de dar o paso ao Bacharelato. Noraboa por este logro Carla! Aínda que nos invada certo sentimento de tristeza porque acabes esta etapa con nós, é moito máis grande a alegría de ver como medraches e maduraches, non te quedaches no camiño senón que este continúa con novas oportunidades, e seguro que che de éxitos porque tes moitas e moi boas cualidades que che poden facer chegar a onde queiras!

Sé moi feliz e volve cando queiras a visitarnos á túa casa que é este cole!