OS PEQUENOS/AS NO TEATRO: AUDITORIO MUNICIPAL DE LUGO GUSTAVO FREIRE

Non só os e as maiores se foron a Lugo, as nenas e os nenos de Educación Infantil ata 3º de Educación Primaria visitamos a cidade Lucense para ver unha obriña de Teatro (A Caixa de música) no Auditorio Muncipal Gustavo Freire, en compaña dos profes Lorenzo e Ana e do colexio de As Nogais.

 

ORIENTACIÓN LABORAL: SAÍDA A LUGO PARA COÑECER O FUNCIONAMENTO DOS CICLOS


A nosa orientadora, Rosa, organizou para o xoves 2 de maio, unha vista aos Centros Integrados de Formación Profesional.

MARIÑEIROS POR UN DÍA

 O venres 26 de Abril os rapaces e as rapazas do noso cole e do CPI Doutor Daniel Monje de Navia de Suarna vixemos unha longa viaxe para converternos en mariñeiros por un día.

DÍA DO LIBRO 2013

Con motivo da celebración do Día Internacional do Libro, o profe de Ciencias Sociais, Javi, montounos unha exposición sobre os libros que se utilizaban antes nos centros escolares dende principios do século XX ata os da Ensinanza Xeral Básica.

OBRA DE TEATRO NO AUDITORIO LUCENSE GUSTAVO FREIRE SOBRE O CAMIÑO FRANCÉS

Ao fin despois de moita neve conseguimos facer a excursión a Lugo para ver unha obra de teatro sobre o camiño de Santiago Francés, esta vez non puido ser en inglés como nun primeiro momento planeamos pero a obra encantounos e arrancounos unhas boas risas.

VISITA Á FEIRA DE GANDO 05-04-13 EN PEDRAFITA

O pasado venres 5 de abril os alumnos e alumnas de Infantil e Primaria visitamos a Feira de Gando de Pedrafita acompañados polos titores e titora. O tempo non nos permitiu facer outras actividadades como poder probar o polbo e visitar os postos da Feira.

DÍA DA ÁRBORE

O pasado venres 22 de marzo, a punto de empezar as vacacións de Semana Santa, celebramos o día da árbore no cole, tanto primaria como secundaria, facendo a nosa pequena contribución plantando unha árbore entre todos e todas.

DIA INTERNACIONAL DA MULLER 2013

Con motivo do Día Internacional da Muller este ano decidimos facer unha homenaxe ás mulleres deportistas, especialmente aquelas que chegaron ás Olimpíadas, despois de que este pasado verán as deportistas españolas gañaran 11 das 17 medallas para España.

MENÚ PARA O CURSO 2012-2013

Pouco a pouco iremos publicando os 20 novos menús diferentes aprobados para o curso 2012- 2013. Estes menús prentender proporcionar unha alimentación variada e equilibrada, ademais de ensinar hábitos de alimentación saudables.

Distribuir contido