XORNADA DE CONVIVENCIA CO CEIP AS NOGAIS
Na GALERÍA DE FOTOS podedes ver unha pequena mostra da xornada de convivencia o venres 14 de xuño no cole cos rapaces e rapazas do CEIP de As Nogais.
DEVOLVEMOS VISITA: MAÑÁ NO CEIP DE AS NOGAIS
Unha semana despois da súa visita, o venres 7 de xuño os nenos e nenas de Infantil e Primaria fomos ao CEIP de As Nogais. Nada máis chegar e como bos anfitrións ensináronnos as dependencias do centro para que puideramos sentirnos coma na casa para pasar a ver o contacontos musical.
CONTACONTOS EN COMPAÑA DO CEIP DE AS NOGAIS
O pasado venres 31 de maio recibimos no cole a visita dos nenos e nenas do cole de As Nogais. Aínda que xa nos coñecíamos de actividades anteriores tivemos un rato para poder xogar e crear un bo clima de confianza; logo puidemos gozar dun contacontos grazas a Kalandraka.
SAIDA A TRABADELO COA FUNDACIÓN OSO PARDO
Dende o ano pasado Endesa e a Fundación Oso Pardo teñen un convenio para a protección do oso pardo, levando a cabo accións dirixidas á conservación do oso pardo e do seu hábitat a través de medidas como actividades de educación ambiental nas comarcas de El Bierzo y Laciana para sensibilidazar aos rapaces e ás rapazas da necesidade da protección do seu patrimonio natural entre o que des
LETRAS GALEGAS 2013
O 17 de maio toda Galicia está de festa co gallo das letras galegas, pero nos adiantámonos porque ese día xa estamos de descanso e festexamos esta data na tarde do 16 de maio, aínda que adicamos un ratiño cada día ao longo da semana a preparar esta festividade.
DIA MUNDIAL CONTRA A HOMOFOBIA
O 17 de maio celébrase o Día Mundial contra a Homofobia, polo que dentro do Plan Proxecta como centro participante no Querote + os alumnos e alumnas de 3º e 4º de ESO vimos o documental "Transexualidade en Irán" e reflexionamos sobre a homosexualidade en diferentes países, no noso propio entorno e sobre como en algúns lugares se chega a considerar unha enfermidade, como é o caso de Irán.
FAMILIAS E LECTURA
Deixámosvos aquí unha serie de guías para descargar elaboradas pola Junta de Andalucía con recomendación para que familias e escola traballen conxuntamente no desenvolvemento da competencia comunicativa e no afianzamento dos hábitos lectores.
CHARLA DO PLAN DIRECTOR DA GARDA CIVIL
Hoxe 13 de Maio de 2013 recibimos a visita no centro dun axente da Garda Civil para darnos unha charla correspondete ao Plan Director para a Convivencia e a mellora da seguridade escolar. Os alumnos e alumnas de 5º de Primaria ata 4º de ESO recibimos interesantes consellos sobre os riscos de internet e acoso escolar, e sobre drogas e alcohol.
RUBÉN DE 5º FINALISTA DO IV CERTAME DESEÑA UNHA XOIA PARA A TÚA NAI
Os alumnos e as alumnas do noso cole participaron no IV Certame Deseña unha xoia para a túa nai organizado polo Colexio Oficial de Xoiaría no que se entregaron 7890 deseños.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 82
- 83
- 84
- 85
- 86
- 87
- 88
- 89
- 90
- seguinte ›
- última »
