PULPADA E CHURRASCADA FIN DE CURSO 2021/2022
Enviado por Benjamin o Mér, 13/07/2022 - 10:35O pasado día 21 de xuño, tódolos alumnos/as do centro baixamos a gozar da feira de Pedrafita e como non podía ser doutro xeito, do pulpo e o churrasco, para despedir o curso. Unha gozada poder compartir todos xuntos unha comida, acompañados/as dos nosos queridos veciños e veciñas.
LISTAXE LIBROS DE TEXTO PARA O VINDEIRO CURSO2022/2023
Enviado por Benjamin o Ven, 01/07/2022 - 13:56Boas familias, publicamos a listaxe de libros para o vindeiro curso 22/23.
Recordade que estamos de 10:00 a 13:00.
Moitas gracias, un saúdo.
Concedido proxecto Voz Natura para o próximo curso!!!
Enviado por Gabi o Lun, 27/06/2022 - 12:32
A Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre da Voz de Galicia veu de concedernos financiación para a realización do seguinte proxecto para o curso 2022-2023: “Descubrindo Pedrafita mediante unha ruta interpretada”
Ampliación Mural CPI Uxio Novoneira
Enviado por Anónimo o Xov, 23/06/2022 - 11:27
Video resumo da actividade realizada polos alumnos do CPI Uxio Novoneira en Xuño do 2022 a cal consistía no deseño e realización da ampliación do mural con motivos propios da montaña de Lugo e o Camiño de Santiago.
CAMPIONATO PROVINCIAL DE ORIENTACIÓN ESCOLAR
Enviado por Benjamin o Sáb, 18/06/2022 - 16:40O PASADO 30 MARZO O ALUMNADO DA ESO PARTICIPOU NO CAMPIONATO PROVINCIAL DE ORIENTACIÓN ESCOLAR, CELEBRADO NO PARQUE DE FRIGSA EN LUGO. UNHA XORNADA DE MOITAS CARREIRAS NA QUE TIVERON QUE ORIENTARSE CUNS MAPAS DA ZONA E APRENDER A ENCONTRAR AS BALIZAS CORRESPONDIENTES E VALIDAR CADA UNHA DE ELAS. TODO NO MENOR TEMPO POSIBLE. ADEMAIS, COMPARTIRON A XORNADA CON MAIS COLES DA PROVINCIA (BECERREA, LEIRAS PULPEIRO, GUITIRIZ...) POLO QUE RESULTOU SER UN DÍA REDONDO COMPARTINDO EXPERIENCIAS, TODO BAIXO O AMPARO DA ACTIVIDADE FÍSICA E O DEPORTE.
INICIACIÓN AO PIRAGÜÍSMO
Enviado por Benjamin o Sáb, 18/06/2022 - 16:13O 29 de Abril os rapaces e rapazas de Primaria gozaron da actividade de Iniciación ao Piragüísmo a cardo co Clube Cidade de Lugo, nas instalacións de Lugo. Gracias á participación do centro no programa Xogade enmarcado dentro do Plan Proxecta de Plan de Vida Activa e Deportiva, pudemos disfrutar desta actividade sin coste algún. Un día cargado de experiencias e sobre todo, moi mollados, disfrutando do gran día de sol que tivemos e da gran profesionalidade dos monitores e monitoras que nos acolleron cos brazos abertos. Moitas grazas. Repetiremos!!!
DIA DO LIBRO
Enviado por Benjamin o Ven, 17/06/2022 - 14:20O domingo 23 de abril celebrouse o día do libro. Este día conmemorouse polas mortes dos escritores máis importantes para a literatura universal como Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Garcilaso de la Vega. Nesta data búscase sobre todo fomentar a lectura, pero tamén defender e protexer a industria editorial e os dereitos de autor.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »
