Traditional recipes from Italy, Portugal and Galicia
Enviado por Gabi o Xov, 16/03/2023 - 01:37Xunto cos nosos compañeiros do Erasmus, elaboramos un calendario para o 2023 con suxerencias de receitas tradicionais dos 3 países en cada mes! Podes velo na seguinte ligazón
https://drive.google.com/file/d/1W8sJb-4XJ0jTOaVuOS3oLYWMU19Jnok2/view?usp=share_link
#The Way for gender equality
Enviado por Gabi o Xov, 16/03/2023 - 01:23Cos nosos compañeiros do Erasmus, celebramos o 8M compartindo imaxes relativas ao Camiño que aínda queda por andar para acadar a igualdade entre homes e mulleres. Podedes velas no noso instagram baixo o hashtag: #thewayforgenderequality
https://www.instagram.com/thewaythatjoinseurope/?igshid=YmMyMTA2M2Y%3D
8M día da Muller
Enviado por Gabi o Xov, 09/03/2023 - 00:18Hoxe estaba prevista a visita dos nosos veciños de residencia de maiores de Pedrafita, pero o mal tempo impediuno. Sen embargo, fixéronnos chegar igualmente uns sombreiros que fixeron eles mesmos con material reciclado. Estes sombreiros simbolizan o peso que moitas veces teñen que levar as mulleres sobre as "súas cabezas"! Tamén nos leron unha carta escrita por eles moi emotiva e dunha grande sabedoría! Canto teñen aínda que ensinarnos! Moitas gracias! Neste video veredes unha pequena mostra destes agasallos...
Canal de Ciencia na Montaña: porque ao dormir non sempre lembramos os soños?
Enviado por Gabi o Ven, 03/03/2023 - 03:19Entroido 2023
Enviado por Raquel o Mar, 28/02/2023 - 14:50Celebramos o Entroido 2023 no cole co tradicional pasarúas polo pobo, onde nos agasallaron con caramelos.
Este ano o tema principal foi a música e os alumnos de Infantil presentáronnos a súa "banda molona de Uxía Lambona".
Os rapaces de primeiro, segundo e terceiro volvéronse uns rockeiros, cunhas guitarras profesionais moi chulas.
Os compañeiros de cuarto, quinto e sexto trouxeron o espectáculo mariachi e os alumnos da ESO representaron a época de "Grease"
Día de Rosalía
Enviado por Gabi o Lun, 27/02/2023 - 23:33Hoxe o alumnado da ESO e de 4º a 6º de Primaria conmemoramos o día de Rosalía de Castro todos xuntos. Laura fíxonos unha marabillosa presentación acerca de Rosalía e a súa obra e a continuación xogamos todos con un kahoot de preguntas sobre Rosalía!
DÍA DA CHANDELEUR
Enviado por Sara o Mér, 08/02/2023 - 22:40O pasado día 2 de febreiro foi a Candeloria, “Chandeleur” en francés, e como é típico facer no país veciño, o alumnado de francés de 1º da ESO elaborou crêpes para que degustaran os seus compañeiros e profes. Están feitos uns auténticos chefs, boísimas rapaces, para a próxima máis!! Deixamos imaxes do proceso.
POEMAS LITERARIOS POLA PAZ
Enviado por Benjamin o Lun, 06/02/2023 - 11:58O alumnado da ESO recitou uns poemas pola conmemoración do día da PAZ, diante do mural de Picasso "La Paz", realizado polo profesor Javier Rey. Un rato de convivencia e solidariedade de todo o alumnado do noso centro no que se traballaron valores tan importantes como a paz, a solidariedade e o respecto.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »
