Formación sobre ciberseguridade co Plan Director
Enviado por ricardo o Mér, 19/01/2022 - 22:20Esta semana, tivemos a sorte de formarnos no bo uso das novas tecnoloxías e aprender sobre a ciberseguridade, da man de Ramón Peña, formador do Plan Director. Para calquera dúbida en torno a este tema, podedes consultar a web do INCIBE, contactar a través do teléfono gratuíto 017 ou a través das redes sociais do noso formador: ColeGC. Por suposto tamén co centro educativo.
Novo logotipo para o noso colexio!!
Enviado por Gabi o Mér, 19/01/2022 - 11:38Por fin, despois de tanto tempo, temos un logo personalizado para o noso cole, moitas gracias Javi polo deseño!!
Agasallos pola igualdade dentro do Xacobeo 21-22
Enviado por ricardo o Xov, 09/12/2021 - 21:09O pasado venres 3 de decembro tivemos unha visita moi especial. Dúas nais do centro, en representación do Concello, trouxeron uns agasallos no eido da campaña Pedrafita pola igualdade, Xacobeo 21-22. Graciñas!
CELEBRACIÓN DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Enviado por Benjamin o Mar, 07/12/2021 - 22:00O pasado luns 29 conmemoramos o día contra a violencia de xénero no noso centro. O acto comezou coa lectura dun manifesto por parte de Carla, a alumna de 4º. Despois, todos os alumnos deixaron a súa pegada no nome de todas as vítimas de violencia deste 2021. Por outra banda, as alumnas Sofía Carrete e Laura Viña representaron A piragua, unha peza teatral pertencente ao libro Media vida de Candido Pazó.
Visita a Queixería Castelo
Enviado por ricardo o Mér, 01/12/2021 - 21:01O pasado venres o alumnado de Educación Infantil e Primaria fixo unha visita a Queixería Castelo, onde puideron coñecer os procesos de fabricación dos queixos de denominación de D.O.P. Cebreiro. Logo fixeron os seus propios queixos que puideron degustar xa no cole.
X Foro de Investigación Xuvenil - Vigo 25-26 Novembro 2021
Enviado por Gabi o Lun, 29/11/2021 - 23:46
Os pasados días 25 e 26 de Novembro, o alumnado da ESO fomos de viaxe a Vigo para participar do X Foro de Investigación Xuvenil. Neste encontro participaron colexios de toda Galicia e Cataluña. Nel o alumnado presentou os traballos de investigación que estivera a realizar durante o curso anterior.
Maxia vs Ciencia e Maxia Infantil
Enviado por ricardo o Xov, 25/11/2021 - 23:46O día 24 de novembro puidemos gozar dunha nova sesión de maxia e ciencia co Mago Paco. Trucos, sorpresas, contos e moita imaxinación para pasar un rato do máis divertido aprendendo cousas novas. Grazas e ata outra!
Visita ao rocódromo
Enviado por ricardo o Mér, 24/11/2021 - 23:23Este martes 16 de novembro, os alumnos de cuarto, quinto, sexto de Educación Primaria e Primeiro da ESO acudimos ó rocódromo do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo para iniciarnos na escalada.
NOTICIA DA VOZ DE GALICIA: "ESTUDIANTES DE PEDRAFITA VIGILAN LA PLAGA DE LA AVISPILLA DEL CASTAÑO"
Enviado por Benjamin o Lun, 22/11/2021 - 12:22SEGUNDA ETAPA: VILLAFRANCA - O CEBREIRO
Enviado por Anónimo o Lun, 22/11/2021 - 10:22O pasado luns oito de novembro realizamos a nosa segunda etapa polo Camiño Francés a Santiago. Uns poucos menos de quilómetros, pero un remate de etapa absolutamente encosto que estivo a piques de nos deixar sen alento. O día nos acompañou cun ceo absolutamente azul e unhas temperaturas axeitadas para unha andaina intensa.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- …
- seguinte ›
- última »
