Novo logotipo para o noso colexio!!

Por fin, despois de tanto tempo, temos un logo personalizado para o noso cole, moitas gracias Javi polo deseño!!

Agasallos pola igualdade dentro do Xacobeo 21-22

O pasado venres 3 de decembro tivemos unha visita moi especial. Dúas nais do centro, en representación do Concello, trouxeron uns agasallos no eido da campaña Pedrafita pola igualdade, Xacobeo 21-22. Graciñas!

 

CELEBRACIÓN DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O pasado luns 29 conmemoramos o día contra a violencia de xénero no noso centro. O acto comezou coa lectura dun manifesto por parte de Carla, a alumna de 4º. Despois, todos os alumnos deixaron a súa pegada no nome de todas as vítimas de violencia deste 2021. Por outra banda, as alumnas Sofía Carrete e Laura Viña representaron A piragua, unha peza teatral pertencente ao libro Media vida de Candido Pazó.

Visita a Queixería Castelo

O pasado venres o alumnado de Educación Infantil e Primaria fixo unha visita a Queixería Castelo, onde puideron coñecer os procesos de fabricación dos queixos de denominación de D.O.P. Cebreiro. Logo fixeron os seus propios queixos que puideron degustar xa no cole. 

 

X Foro de Investigación Xuvenil - Vigo 25-26 Novembro 2021

 

Os pasados días 25 e 26 de Novembro, o alumnado da ESO fomos de viaxe a Vigo para participar do X Foro de Investigación Xuvenil. Neste encontro participaron colexios de toda Galicia e Cataluña. Nel o alumnado presentou os traballos de investigación que estivera a realizar durante o curso anterior.

Maxia vs Ciencia e Maxia Infantil

O día 24 de novembro puidemos gozar dunha nova sesión de maxia e ciencia co Mago Paco. Trucos, sorpresas, contos e moita imaxinación para pasar un rato do máis divertido aprendendo cousas novas. Grazas e ata outra!

 

Visita ao rocódromo

Este martes 16 de novembro, os alumnos de cuarto, quinto, sexto de Educación Primaria e Primeiro da ESO acudimos ó rocódromo do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo para iniciarnos na escalada. 

SEGUNDA ETAPA: VILLAFRANCA - O CEBREIRO

O pasado luns oito de novembro realizamos a nosa segunda etapa polo Camiño Francés a Santiago. Uns poucos menos de quilómetros, pero un remate de etapa absolutamente encosto que estivo a piques de nos deixar sen alento. O día nos acompañou cun ceo absolutamente azul e unhas temperaturas axeitadas para unha andaina intensa. 

1ª Asamblea Erasmus

No día de hoxe tivemos a primeira asamblea do proxecto Erasmus, xunto cos nosos socios portugueses e italianos. Foi mediante unha videochamada, para vernos as caras por primeira vez, presentarnos e arrancar coas primeiras actividades deste curso. Seguro que vai a ser unha grande experiencia!

Distribuir contido