blogue deGabi
Concedido proxecto Voz Natura para o próximo curso!!!
Enviado por Gabi o Lun, 27/06/2022 - 12:32
A Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre da Voz de Galicia veu de concedernos financiación para a realización do seguinte proxecto para o curso 2022-2023: “Descubrindo Pedrafita mediante unha ruta interpretada”
Visita ao castelo de Doiras
Enviado por Gabi o Mar, 31/05/2022 - 10:0011 de Maio. Visita ao castelo de Doiras, xunto ao alumnado de Becerrea e Navia de Suarna. O tempo acompañounos... Dentro do que puido ser, non houbo queixa! Ao rematar a ruta, comemos en Doiras, e voltamos para o colexio (Carla) (Video: David, Jesús e Uxía)
Letras Galegas 2022: Florencio Delgado Gurriarán
Enviado por Gabi o Mér, 18/05/2022 - 23:52Hoxe continuamos coa celebración das Letras galegas que xa comezamos o luns con Raquel Quizán. Este ano o noso día das letras vai para Florencio Delgado Gurriarán, destacado poeta, galeguista e que viviu o exilio e México. Todo isto reflícteo nos seus poemas. E coma homenaxe, o alumnado recitou algúns dos seus poemas. Aquí algunhas imaxes do día:
ERASMUS + Viaxe a Portugal do 1 ao 7 de maio
Enviado por Gabi o Mar, 10/05/2022 - 03:01Logo da chegada a Freamunde o domingo disfrutamos da cea e da espectacular Quinta xunto cos colegas italianos. O luns recepción na escola portuguesa xunto co alumnado e profesorado e despois visita a Freamunde e Paços de Ferreira.
IV Congreso Científico da Montaña
Enviado por Gabi o Xov, 28/04/2022 - 22:42NORABOA A TODO O ALUMNADO POLO EXCELENTE TRABALLO REALIZADO!! Hoxe celebramos xa a IV edición do Congreso Científico. Esta vez tivemos de anfitrións ao alumnado e profes de Cervantes. Gracias pola acollida e a organización! Participamos o instituto de Becerreá, os CPI de Cervantes, Courel e nós, e tamén o instituto de Mondoñedo ainda que tivo que facelo por videochamada por culpa do COVID. Presentamos un total de 22 traballos que o alumnado estivo a realizar durante todo o curso!
11 Febreiro: Dia Internacional da Muller e da Nena na ciencia
Enviado por Gabi o Xov, 10/03/2022 - 02:37Existe igualdade no mundo da Investigación? Esa é a principal pregunta que se fai Laura de 2º ESO no seu proxecto de investigación deste curso. Para tratar de respondela realizou varias entrevistas a científicas galegas de ámbitos e organismos de investigación diferentes: dende a investigación forestal, os productos mariños, ata as nanopartículas para o deseño de novos fármacos contra o cancro.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- seguinte ›
- última »
