blogue deGabi
Ruta dende Pedrafita ata O Cebreiro
Enviado por Gabi o Lun, 20/03/2023 - 22:53Hoxe fixemos unha parte da ruta que une Pedrafita e O Cebreiro, para recoller datos e poder facer o perfil da mesma que señalizaremos cara a finde curso, dentro do proxecto de Voz Natura deste ano
Traditional recipes from Italy, Portugal and Galicia
Enviado por Gabi o Xov, 16/03/2023 - 01:37Xunto cos nosos compañeiros do Erasmus, elaboramos un calendario para o 2023 con suxerencias de receitas tradicionais dos 3 países en cada mes! Podes velo na seguinte ligazón
https://drive.google.com/file/d/1W8sJb-4XJ0jTOaVuOS3oLYWMU19Jnok2/view?usp=share_link
#The Way for gender equality
Enviado por Gabi o Xov, 16/03/2023 - 01:23Cos nosos compañeiros do Erasmus, celebramos o 8M compartindo imaxes relativas ao Camiño que aínda queda por andar para acadar a igualdade entre homes e mulleres. Podedes velas no noso instagram baixo o hashtag: #thewayforgenderequality
https://www.instagram.com/thewaythatjoinseurope/?igshid=YmMyMTA2M2Y%3D
8M día da Muller
Enviado por Gabi o Xov, 09/03/2023 - 00:18Hoxe estaba prevista a visita dos nosos veciños de residencia de maiores de Pedrafita, pero o mal tempo impediuno. Sen embargo, fixéronnos chegar igualmente uns sombreiros que fixeron eles mesmos con material reciclado. Estes sombreiros simbolizan o peso que moitas veces teñen que levar as mulleres sobre as "súas cabezas"! Tamén nos leron unha carta escrita por eles moi emotiva e dunha grande sabedoría! Canto teñen aínda que ensinarnos! Moitas gracias! Neste video veredes unha pequena mostra destes agasallos...
Canal de Ciencia na Montaña: porque ao dormir non sempre lembramos os soños?
Enviado por Gabi o Ven, 03/03/2023 - 03:19Día de Rosalía
Enviado por Gabi o Lun, 27/02/2023 - 23:33Hoxe o alumnado da ESO e de 4º a 6º de Primaria conmemoramos o día de Rosalía de Castro todos xuntos. Laura fíxonos unha marabillosa presentación acerca de Rosalía e a súa obra e a continuación xogamos todos con un kahoot de preguntas sobre Rosalía!
XI Foro de Investigación Juvenil
Enviado por Gabi o Mér, 30/11/2022 - 00:53Os pasados 24.25.26 de Novembro, o alumnado de 2º 3º e 4ºESO participou no XI Foro de Investigación Xuvenil en Vigo, onde expuxeron traballos de investigación xunto con alumnos e alumnas de Cataluña e Galicia
Primeira asemblea online cos compañeiros Portugueses e Italianos do Erasmus
Enviado por Gabi o Mar, 22/11/2022 - 17:58Hoxe tivemos a nosa primeira asemble deste curso. Aprobeitamos para saudarnos de novo, vernos as caras e coñecer aos novos participantes que non estaban o curso pasado. Entre eles, os nosos catro de 1ºESO! Compartimos o traballo previo realizado estas semanas sobre a Violencia de Xénero e formamos 4 equipos de traballo, con alumn@s dos 3 países, para realizar proxectos de investigación que presentaremos en Italia!
The Way against gender violence (conmemoración do 25N cos socios Erasmus)
Enviado por Gabi o Lun, 21/11/2022 - 23:53Se te colle o frío, enfermas? canal de Ciencia na Montaña
Enviado por Gabi o Sáb, 19/11/2022 - 17:58- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- seguinte ›
- última »
