blogue deBenjamin
INICIACIÓN AO PIRAGÜÍSMO
Enviado por Benjamin o Sáb, 18/06/2022 - 16:13O 29 de Abril os rapaces e rapazas de Primaria gozaron da actividade de Iniciación ao Piragüísmo a cardo co Clube Cidade de Lugo, nas instalacións de Lugo. Gracias á participación do centro no programa Xogade enmarcado dentro do Plan Proxecta de Plan de Vida Activa e Deportiva, pudemos disfrutar desta actividade sin coste algún. Un día cargado de experiencias e sobre todo, moi mollados, disfrutando do gran día de sol que tivemos e da gran profesionalidade dos monitores e monitoras que nos acolleron cos brazos abertos. Moitas grazas. Repetiremos!!!
DIA DO LIBRO
Enviado por Benjamin o Ven, 17/06/2022 - 14:20O domingo 23 de abril celebrouse o día do libro. Este día conmemorouse polas mortes dos escritores máis importantes para a literatura universal como Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Garcilaso de la Vega. Nesta data búscase sobre todo fomentar a lectura, pero tamén defender e protexer a industria editorial e os dereitos de autor.
CONMEMORACIÓN DO 8 MARZO COA BANDA DA LOBA
Enviado por Benjamin o Dom, 20/03/2022 - 14:27O pasado 11 de marzo celebramos o día internacional da muller, coa gran sorte de poder contar coa colaboración da Banda da Loba. Fixemos unha entrevista por videochamada facendo coincidir ademais esta actividade coa semana da prensa. As preguntas foron encamiñadas a pór en valor a superación de barreiras das mulleres e o sacrificio que supón compaxinar unha carreira musical coa vida laboral.
CELEBRACIÓN DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Enviado por Benjamin o Mar, 07/12/2021 - 23:00O pasado luns 29 conmemoramos o día contra a violencia de xénero no noso centro. O acto comezou coa lectura dun manifesto por parte de Carla, a alumna de 4º. Despois, todos os alumnos deixaron a súa pegada no nome de todas as vítimas de violencia deste 2021. Por outra banda, as alumnas Sofía Carrete e Laura Viña representaron A piragua, unha peza teatral pertencente ao libro Media vida de Candido Pazó.
NOTICIA DA VOZ DE GALICIA: "ESTUDIANTES DE PEDRAFITA VIGILAN LA PLAGA DE LA AVISPILLA DEL CASTAÑO"
Enviado por Benjamin o Lun, 22/11/2021 - 13:22RECOLLIDA DE ROUPA E CALZADO
Enviado por Benjamin o Ven, 22/10/2021 - 15:35
Boas, mandaron da Campaña Solidaria Mariola bolsas e información para recollida de roupa e calzado usado.
GUÍA DO CURSO 2021/2022
Enviado por Benjamin o Mér, 13/10/2021 - 22:01PROGRAMACIÓNS DOCENTES CURSO 2021/2022
Enviado por Benjamin o Sáb, 09/10/2021 - 13:43