Skip to Content

Infantil e primaria, Secundaria

Guía de suxestións de Nadal: Cara a unha illa misteriosa de libros

Cara a unha illa misteriosa de libros. Benvidos e benvidas a Vernelandia é o título da nosa guía de suxestións de lectura sobre Verne para o Nadal. Preme aquí se queres vela.

Imaxe de biblioip

LECTURAS POLA IGUALDADE

A Biblioteca de Infantil e Primaria preparou esta selección de libros para que reflexionedes sobre a igualdade entre mulleres e homes e o respecto ás ideas doutras persoas.

Facendo clic na imaxe teredes acceso a esta pequena guía. 

 

 

Imaxe de biblioip

QUE FANTASMADA DE LIBROS!!!

Unha das actividades que organiza a Biblioteca de Infantil e Primaria para celebrar o Samaín son as lecturas de medo. Neste curso os protagonistas das lecturas foron as pantasmas.

Os corredores, as portas e os taboleiros apareceron cheos de fantasmas.

No Castelo das Fantasmas, os rapaces tiñan que abrir as ventás e atopar a correspondente ao seu curso. Alí estaba agochada a silueta da fantasma que aparecía na portada do libro que lles correspondía ler ese día.

Con esa silueta na man tiñan que atopar o seu libro e... a tremer de medo todos xuntos coas historias de fantasmas.

Premendo na imaxe tedes un pequeno vídeo co resumo da actividade.

 

 

Imaxe de biblioip

AS PANTASMAS NA BIBLIO DE SANSIÑO

Na seguinte presentación podedes ver o primeiro boletín deste curso que preparamos coas novidades da Biblioteca de Infantil e Primaria.

Dedicámosllo a lecturas de pantasmas, xa que é o tema que escollimos para as Lecturas de medo que imos facer no Samaín.

PADRIÑOS E MADRIÑAS LECTORES - DÍA DO LIBRO 2017

Para celebrar o día do libro infantil e xuvenil, os alumnos e alumnas de infantil e primaria compartiron as súas lecturas favoritas.

Os rapaces e rapazas de máis idade apadriñaron ou amadriñaron aos rapaces e rapazas máis pequechos. Foron preguntarlles cales eran os temas preferidos das súas lecturas, buscaron as historias e o venres 21 de abril foron recoller aos seus afillados ou afilladas ás súas aulas.

Todos xuntos foron buscar un recuncho do patio para sentarse preto un doutro e gozar duns momentos de lectura, tenrura e ilusión. Cando remataron, os afillados e afilladas agasalláronlles cun fermoso marcapáxinas decorado por eles mesmos.

Se queredes ver como foi este momento tan especial, premede na seguinte imaxe.

A nosa sorpresa lectora de medo

O pasado xoves 27 de setembro un grupo de alumnas e alumnos de 1º de ESO xuntouse na biblioteca para ler un conto de medo moi especial: "Noites de lúa chea" do libro Contos por palabras de Agustín Fernández Paz. Moitas grazas pola súa participación e ata as próximas lecturas.

 

Imaxe de biblioip

É TEMPO DE SAMAÍN

Chegou o Samaín e tamén as lecturas de medo que tanto nos gustan.

A nosa amiga a bruxa anda a facer as súas pocións máxicas e no caldeiro de cada curso anda a remexer os seus ingredientes.

Axúdalle a cociñar. Vai ao caldeiro do teu curso e saca o ingrediente que a bruxa está a meter. 

Este ingrediente ten unha sorpresa!!!!

Pois si, trae unha etiqueta co libro que terás que ler cos teus compañeiros.

Busca o libro no expositor e .... A TREMER DE MEDO!!!!!

 

PREMENDO NA IMAXE VERÁS UN PEQUENO VÍDEO

Guía de suxestións de lectura para ESO

Deixámosvos unha guía de suxestións de lectura para a ESO que agardamos sexa do voso interese. Felices vacacións!

Folliña voandeira do Día da Ciencia

Mañá coma sabedes celebramos o Día da Ciencia no noso centro e dende a biblioteca sumámonos a esta conmemoración cunha "folliña voandeira" que nomeamos Bibliocienciando.  E a nosa segunda voandeira para este evento, posto que xa elaboraramos unha no curso 2013-2014 que podedes atopar aquí.

CONMEMORACIÓN DO DÍA DO LIBRO 2016

O venres 22 de abril o alumnado de infantil e primaria celebrou o Día do Libro. Como este ano se conmemora o catrocentos aniversario da morte de Miguel de Cervantes, decidimos organizar diversas actividades para lembrar a súa vida e a súa obra.

Nos corredores do colexio apareceron as imaxes dos principais personaxes de "El Quijote". Tamén se traballou nas aulas mediante a realización dun xogo de pistas.

Ao longo da mañá os alumnos e alumnas de primeiro a sexto baixaron á Casa da Cultura para participar no Maratón de Lectura, lendo diferentes adaptacións do "Quijote", o alumnado de 1º da ESO participou no Maratón coa lectura do autor Manuel María.

 

Durante a "Hora de ler" realizamos a actividade dos "PADRIÑOS E MADRIÑAS LECTORES". Os alumnos e alumnas dos cursos superiores len un conto aos seus afillados e afilladas. Unha mañá distinta, na que todos os currunchos do patio se transforman nun emocionante lugar de lectura. Premendo na seguinte imaxe podedes ver un resumo desta actividade.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut