Skip to Content

VISITA Ó CAMPUS DA UDC EN FERROL

O día 22 de marzo os alumnos de 4º de ESO , xunto coa titora e a orientadora, visitamos o campus da Universidade da Coruña en Ferrol.

No campus de Esteiro estivemos na Facultade de Humanidades, na Facultade de Ciencias do Traballo, na Escola Politécnica Superior, na Escola Universitaria de Enfermaría-Podoloxía e na Escola Universitaria de Deseño Industrial. Posteriormente trasladámonos a Serantes para ver a Escola Universitaria Politécnica.

En cada un dos centros recibimos explicacións por parte de profesores e alumnos sobre as ensinanzas que alí se imparten.

Foi unha visita interesante porque nos deu a oportunidade de contactar co mundo universitario e ter así unha maior información sobre unha das posibles opcións académicas/profesionais que podemos facer no futuro.

 

AdxuntoTamaño
20130322_101455.jpg1.15 MB


story | by Dr. Radut