Skip to Content

É TEMPO DE SAMAÍN

Imaxe de biblioip

Chegou o tempo de Samaín e con el as historias de medo, de facer cabazas e meter algún susto aos nosos amigos. Pero sabedes que é o Samaín?

O Equipo de Normalización Lingüística preparou unha exposición nos corredores do colexio para que aprendades de onde ven estas tradición. Se premedes na imaxe que ven logo, poderedes ler os carteis:

Na hora de ler realizamos a lectura de libros de moito medo. Cada día buscamos a sombra que nos levaba ao libro que nos correspondía ler. E ademais asistimos a unha representación do "Domador de monstros". Mirade que ben o pasamos.

E tamén puidemos ver unha exposición cos libros que nos poñen máis medo.

Para  ver toda a representación da obra de Ana María Machado, "O Domador de monstros", premede no seguinte enlace.

 

 

 



story | by Dr. Radut