Skip to Content

CIRCULAR Nº 2 CAMBIO DE HORARIO-Secundaria

 

  • O luns 1 de outubro empezamos horario de xornada partida. Lembre que hai clase pola tarde os martes e xoves, saíndo ás 17:00h ambos días.

En SECUNDARIA, entran ás 9:30h todos os días e saen ás 14:50h os luns, mércores e venres. Os martes de xoves saen ás 14:00h e despois do tempo de lecer e comedor entran de novo ás 15:20h para saír os buses ás 17:00h.

  • ·        Por outra banda lembrámoslle que este curso seguimos coas diferentes campañas de reciclaxe dentro da nosa política de protección do medio ambiente: tapóns, pilas, cartuchos, tóners de impresora e principalmente ACEITE USADO DE COCIÑA.

A partir do próximo luns 1 de outubro o alumnado xa poderá recoller o seu recipiente de plástico (oliklak) no expendedor situado na entrada do edificio de primaria. Neste senso, desde o colexio queremos lembrarlle que a finais do curso pasado fíxose un esforzo moi grande para limpar a fondo os oliklaks. Supuxo unha cantidade de tempo e dedicación importante para algunhas persoas. Por iso pregámoslle de novo que cando reciba un oliklak na casa, proceda ao seu lavado se o nota moi enluxado e sobre todo, que introduza nel a aceite COLADO, impedindo que co aceite cheguen ao centro restos sólidos que se acaban depositando no fondo facendo moi complicada a limpeza do mesmo. Se todos colaboramos un pouco o proceso será moito máis eficaz. De igual modo, aproveitamos a ocasión para darlle as grazas porque a campaña segue a ser todo un éxito despois de dous cursos poñéndoa en práctica. Non só llo agradecemos nós senón tamén o medio ambiente.

San Sadurniño, 28 de setembro 2012

A directora

Asdo. Julia Ríos Grueiro



book | by Dr. Radut