Skip to Content

Día do Peón 2018 e Magosto.

Outro ano máis sumámonos á convocatoria do Día do Peón realizada por Brinquedia Rede Galega do Xogo Tradicional.

Dado que este ano o día 11 coincide en domingo, optamos por realizar esta actividade o luns 12.

A pesares de ter enviado xa unha nota informativa, reiteramos o noso convite a todos os membros da comunidade educativa a tomar parte nesta celebración, a cal consistirá nas seguintes actividades:

  • De 10:30 a 11:30: actividades diversas para o alumnado de Educación Infantil, Educación Primaria e 1º da ESO.
  • De 11:30 a 12:00: tirada conxunta de peóns (animádevos mamás, papás, avós, avoas, e todo aquel que saiba bailar un peón) e bailado do peón xigante co que nos agasallou hai uns Pedro Castrillón (pai de alumnos do centro).

As actividades serán bastante semellante ás do ano pasado, e para refrescar a memoria podedes ver o vídeo da edición anterior facendo clic na seguinte imaxe:

E despois, para repoñer forzas, celebraremos o Magosto co alumnado.

 



story | by Dr. Radut