ESTREA DA OBRA A DECISIÓN

ESTREA DA OBRA A DECISIÓN

Un ano máis o proxecto LOVA que se leva a cabo en primaria xerou os seus froitos. Desde que empezou o curso os rapaces e rapazas de 5º PRIM crearon a compañía BOLBORETA para transformarse en relacións públicas, actores, actrices, directores de escea, técnicos de iluminación...

O resultado: a obra "A decisión", unha entretida peza que intenta transmitir a forza da amizade e o importante que resulta desfacerse dos sentimentos de discriminación e rexeitamento nas nosas relacións.

Hoxe puidemos asistir é estrea na casa da cultura do Concello de San Sadurniño para os compañeiros do colexio. Mañá, as familias poderán velos en escea en sesións de 5 e 7 da tarde. Se non tes xa a entrada, mala sorte, as localidades xa están agotadas.

Parabéns a todos os alumnos e alumnas porque a pesares das dificultades conseguiron sacar a obra adiante e sobre todo ao profesorado que leva desenvolvendo este proxecto LOVA desde hai anos, intentando inculcar valores dun xeito diferente.