ACTO DE GRADUACIÓN 4ºESO

ACTO DE GRADUACIÓN 4ºESO

Hoxe 27 de xuño tivo lugar o tradicional acto de graduación do noso alumnado de 4ºESO. Temos que dar grazas a todos eles, a profesores, a pais... porque conformamos un marco precioso para despedilos. Houbo momentos para a risa, momentos para a emoción, momentos para a lembranza...momentos para o perdón. Sen dúbida será recordado por todos. Dentro de todo o grupo tan especial que formaban, mención especial para Nerea Gundín, premio á excelencia académica e Sandra Yañez, premio ao esforzo e superación.

Bo verán a todos, e a recargar pilas para o ano que vén.