Skip to Content

Circular nº 1 INFANTIL E PRIMARIA

CIRCULAR Nº 1

INICIO DE CURSO 2011-2012-Infantil e primaria

O equipo directivo e a totalidade do profesorado do CPI de San Sadurniño quere darlle a benvida a este curso 2011-2012 e aproveita para informarlle sobre determinados aspectos organizativos que compre salientar neste inicio de curso.

HORARIO

  • Xornada continua (setembro e xuño): as clases comezan ás 9:30 e rematan ás 14:10h. Entón poden ser recollidos polos pais ou ben comer no comedor escolar ata ás 14:40 aproximadamente. Despois dun pequeno tempo de lecer dunha media hora dirixiranse ás clases a recoller as súas pertenzas e coller o bus correspondente que partirá entre as 15:20 e as 15:30h
  • Xornada partida (de outubro a maio): Pola mañá rexe practicamente o mesmo horario anterior. Entran ás 9:30h pero saen ás 14:00h os martes e xoves e ás 14:05 os luns, mércores e venres. As tardes dos martes teñen unha clase de 15:55h a 17:00h e as dos xoves outra de 16:00 a 17:00h, hora na que parten os buses escolares. Os luns, mércores e venres os buses marchan sobre as 15:30h.
  • Os alumnos de infantil soen entrar no comedor sobre 10 minutos antes que os de primaria durante todo o curso.

 

ENTRADA E SAÍDA DO CENTRO

Con motivo da entrada en vigor da orde do 23 de xuño de 2011 haberá profesores de garda para custodiar ós alumnos que cheguen nos buses atendendo ás seguintes normas:

  1.  
    • Os buses seguen aparcando na rúa lateral sur e os alumnos entrarán pola porta lateral do patio cuberto. Os profesores de garda custodiarán a este alumnado ata as 9:30 hora de entrada nas aulas.
    • O alumnado que non veña no bus non poderá acceder ó recinto escolar ata as 9:25 aproximadamente e en ningún caso pode quedar só. A consellería de educación establece claramente que o profesorado de garda non pode facerse responsable destes alumnos.
    • Ás 9:30 os alumnos formarán filas no patio cuberto sempre de xeito ordenado, desde infantil ata 6ºprimaria.
    • A saída será polo patio cuberto, tanto despois das clases como tras o tempo de comedor.
    • Os pais procurarán non acceder aos corredores do edificio de primaria cos seus fillos.

 

DÍAS SEN CLASE:

  • Vacacións

  -Nadal: Do 22 de Decembro ao 8 de Xaneiro, ambos inclusive.

  -Entroido: 20, 21 e 22 de Febreiro.

  -Semana Santa: do 2 ao 9 de Abril, ambos inclusive.

  • Día do ensino

                -Luns 31 de outubro

  • Días propios elixidos polo centro:-2 de novembro e 18 de maio.

REMATE DE CURSO:

  • 22 de xuño en primaria e infantil

TITORÍA

  • Cada grupo de alumnos ten asignado un profesor titor. Este dedicará unha hora á semana a atender as visitas dos pais. Para que esta atención sexa máis eficaz cómpre que os pais/nais/titores que desexen falar co titor/a lles avisen coa suficiente antelación (por teléfono ou polo seu fillo) para que poida recoller a información necesaria do profesorado do grupo e non coincidir moitos pais o mesmo día.
  • Contamos cun Departamento de Orientación no Centro. Para poder entrevistarse coa orientadora solicite visita a través do profesor titor.
  • Cando un alumno falte a clase, os pais ou titores teñen a obriga de xustificar a falta diante do titor/a. Os titores informarán aos pais do número de faltas sen xustificar de cada alumno.
  • Nas horas lectivas, incluído os recreos e horario dos alumnos con dereito a comedor, os alumnos non poden saír do Centro sen autorización. O equipo directivo e o profesorado non se responsabilizan dos posibles percances que poidan sufrir fóra. Sempre que o alumno deba ausentarse das clases comunicarallo ao titor, profesor de garda ou membros do equipo directivo. A persoa que o recolla deberá cubrir unha folla de permiso, que lle será facilitada polo titor ou xefe de estudos.
  • Ao longo do curso haberá tres avaliacións ordinarias. Aos alumnos entregaráselles unha folla informativa de notas que vostedes deberán asinar despois de ver as informacións que van nela. Devolveranse o día que o titor/a indique.
  • As faltas dos alumnos que sexan amoestados tanto en clase como en calquera dependencia do centro serán comunicadas aos pais/nais/titores e tomaranse as medidas correctoras acordadas no Regulamento de réxime interno.

·         Unha vez iniciado o curso, convocaráselles a unha reunión informativa co titor/a, para comentar aspectos relacionados co novo curso.

 

LINGUA VEHICULAR EN INFANTIL

Na consulta aos pais que obriga a facer o decreto 79/2010 do plurilingüismo, resultou maioritaria a lingua castelá, polo que os profesores dos nenos e nenas que comecen este curso en infantil de 3 anos usarán como lingua principal de comunicación e docencia o castelán. Lembre que, a pesar disto, na etapa tense que intentar que o alumno sexa competente nas dúas linguas.

 

HORARIO DE SECRETARÍA

Todos os días de 9:30 a 14:00, no edificio de secundaria. Destinado a arranxar aspectos burocráticos e administrativos.

Para falar coa directora mellor concerte cita previa pois ao mellor non pode atendelo se se presenta sen avisar.

 

PÁXINA WEB

A dirección do centro ten como obxectivo potenciar a páxina web como canle de comunicación. A información que transmitimos nesta circular tamén poderá ser consultada na páxina web do centro:  http://centros.edu.xunta.es/cpidesansadurnino/web/

 

A DIRECCIÓN

13 de setembro 2011



book | by Dr. Radut