Skip to Content

blogue delois

ENTREGA DE NOTAS DA ESO

A entrega de notas na ESO será MARTES 27 ás 11:00 horas para os cursos 1º, 2º e 3º. 

As notas de 4º entregaránse no acto de fin de curso que se terá lugar o MARTES 27 ás 12:30 horas na CASA DA CULTURA. A este acto estades convidadas as familias do alumnado de 4º da ESO. 

 

XORNADA DE VERÁN

A partires do xoves 1 de xuño (este incluído) non haberá clases pola tarde por mor do horario de verán. Polo tanto o martes 30 de maio é o último día que haberá clases pola tarde. 

 

CARREIRA POPULAR: RECOLLIDA DE DORSAIS e HORARIOS CARREIRAS

RETIRADA DE DORSAIS:
Decatlón Ferrol
Venres 26 de 17:00 a 22:00
Sábado 27 de 12:00 a 14:00

CPI San Sadurniño
Sábado 27 de 17:00 a 19:00

No circuito
O día 28 ata media hora antes de cada competición

HORARIO DAS CARREIRAS

 11:10 ESCOLARES A 1000 metros

11:30 ABSOLUTA 5000 metros

a partires 12:40 RESTO CATEGORIAS 

PREMIADOS DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2017

CONCURSO DE CONTOS E POESÍAS

LETRAS GALEGAS 2017

Carlos Casares

 

Relación de premiados:

 

 

Educación infantil 4 anos A : Premio ao grupo

 

Educación infanti 5 anos A : Premio ao grupo

 

Educación infantil 6 anos A : Premio ao grupo

 

Educación infantil 6 anos B : Premio ao grupo

 

Educación Primaria 1º A : Premio ao grupo

 

Educación Primaria 1º B : Premio ao grupo

 

Educación Primaria 2º A : Premio ao grupo

 

Educación Primaria 3º A :

Carolina Coira Sáez.

Nelsón Bonome López

Aroa Chao Picos

 

Educación Primaria 3º B :

Noa López Lago.

Aingerua Rodríguez López

Iria Martínez Mera

 

Educación Primaria 4º A :

Alma Penabad Seco

Rubén Expósito Fernández

Area Martínez Fernández

 

 

Educación Secundaria :

       Paula Rebollar Fernández 2ºB ESO

SEMANA DA FROITA ECOLÓXICA DO 22 Ó 26 DE MAIO

A vindeira semana teremos reparto de froita ecolóxica no tempo de lecer. A semana da froita forma parte do programa de alimentación saúdable do CPI de San Sadurniño e conta coa financiación do plan FOGGA. As froitas que teremos nesta ocasión serán: PLÁTANO, ALBARICOQUE, NECTARINA, SANDÍA e MAZÁ. 

CHEA DE VIDA

Hoxe 185 alumnos e alumnas do CPI de San Sadurniño participaron xunto con alumnado doutros centro da comarca (ata un total de 1000) na gravación da canción "Chea de vida" da interprete galega Guadi Galego.

A gravación foi todo un éxito e unha experiencia inolvidable para todos os participantes.

O videoclip gravado estará á nosa disposición o día das Letras Galegas. Irémosvos informando ó respecto.

VIDEOCLIP OFICIAL : https://youtu.be/6K8imYXul4c

Chea de vida en prensa.

 http://www.ferrol360.es/emocion-en-los-talleres-de-navantia-con-la-actuacion-de-guadi-galego-y-mas-de-mil-estudiantes/

http://www.diariodeferrol.com/articulo/ferrol/reportaxe-mil-voces-unidas-cheas-vida/20170511221439189290.html

 

 

 

 

CARREIRA POPULAR SAN SADURNIÑO : Domingo 28 de maio

Tódolos domingos do mes de maio quedada para adestramentos cara a carreira popular.

Na zoa do mesón A Granxa, arredor das 12 de mañá quedamos os domingos para botar unhas carreiras preparatorias da Carreira popular de San Sadurniño do vindeiro domingo día 28.

Contamos con vós¡¡¡

Este mércores 17, día das Letras Galegas, tamén faremos quedada á mesma hora de sempre.

 Toda a información no seguinte enlace:

IV Carreira popular de San Sadurniño

ADMISIÓN CURSO 17-18. LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS

Debido a que en todos os niveis educativos hai máis prazas que solicitudes, TODOLOS SOLICITANTES DE PRAZA PARA O VINDEIRO CURSO ESTÁN ADMITIDOS. 

En arquivos adxuntos tedes as listaxes provisionais.

ALERTA POR NEVADAS

ALERTA POR NEVADAS. Diante da alerta por nevadas en determinadas zoas de Galicia comunicámosvos que o CPI DE SAN SADURNIÑO NON ESTÁ AFECTADO POR DITA ALERTA. Polo tanto o TRANSPORTE ESCOLAR, COMEDOR e CLASES se desenvolverán, nun principio, con normalidade, o que non quita que poida haber incidencias en algunha das liñas de transporte, de ser o caso, en zoas altas. 

O dito, en principio DESENVOLVEMENTO NORMAL das xornadas de mañá mércores e pasado mañá xoves. Máis información no portal educativo edu.xunta.es.

 

Un saúdo

 

A dirección

Distribuir contido


by Dr. Radut