Skip to Content

Galeano

Proceso, documentación a presentar e calendario de matriculación

PROCESO DE ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2024-2025

Só para o alumnado que se matricula por primeira vez no CPI Mosteiro-Meis e que non presentara a solicitude de reserva  no mes de febreiro.

 

  • Presentación de solicitudes de admisión de alumnado do 1 ao 20 de marzo, ámbolos dous incluídos.
  • Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: do 21 de marzo ao 5 de abril.
  • Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: 25 de abril.
  • Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.
  • Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido:  15 de maio.

No seguinte link https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/  teñen acceso á normativa e ao aplicativo tanto para a presentación da solicitude por vía electrónica coma para descargar os impresos da solicitude se a queren presentar en formato papel.

Prazas vacantes:

CURSO NÚMERO DE PRAZAS VACANTES
1º PRIMARIA 15
2º PRIMARIA 6
3º PRIMARIA 0
4º PRIMARIA 14
5º PRIMARIA 0
6º PRIMARIA 0
1º ESO 12
2º ESO 15
2º ESO 10
4º ESO 31

 

Matriculación do alumnado

  • Formalización da matrícula en educación infantil e primaria:Do 20 de xuño ao 01 de xullo
  • Formalización da matrícula ordinaria en educación secundaria obrigatoria: Do 24 de xuño ao 8 de xullo

 

 Para máis información poden preguntar na secretaría do centro.

 Información para o alumnado que actualmente curso 4ºESO

 Admisión e matriculación de alumnado en centros públicos en Galicia para o curso 2024 - 2025. 

  • Toda a información sobre proceso de admisión publícase na aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado), utilizando calquera dos mecanismos de identificación admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o certificado dixital e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365). Tamén poderá consultarse nos taboleiros dos centros educativos. 
  • Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar, en caso de duplicidade de solicitude esta suporá a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
  • O alumnado que ten garantía de permanencia nun centrose presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.
  • O alumnado que ten reservada praza nun centrose presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión (o último día para a renuncia da reserva é o 29 de febreiro).
  • No caso de solicitar praza en datas posteriores ao prazo fixado, realizarase na Comisión de Escolarización ou Inspección de Educación Secundaria, no Departamento Territorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

INSTRUCIÓNS PARA A SOLICITUDE EN BACHARELATO

  • Podes solicitar praza a través de internet na aplicación informática "admisión alumnado"  https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/ ou presentando a solicitude cumprimentada no centro. 
  • Se desexas estudiar bacharelato no teu centro adscrito, para reservar a praza deberás presentar no teu centro ou a través de internet o formulario de solicitude (ED550A).
  • Pero se queres pedir praza nun centro diferente debes solicitar a praza a través de internet ou de forma presencial no instituto elexido en primeira opción cun formulario distinto (ED550B). Na solicitude pódense solicitar ata 6 centros por orde de preferencia. 
  • Amplía información sobre o procedemento de admisión neste enlace.

Calendario procedemento de admisión

C:\Users\Usuario\Pictures\Captura.JPG

Información para as familias sobre o proxecto E-Dixgal

Neste curso 2023-2024 o CPI de Mosteiro-Meis terá implantado o proxecto E-Dixgal en 5º e 6º de Educación Primaria e nos catro cursos da Educación Secundaria Obrigatoria. Isto implica que o alumnado destes niveis dispoñerá dun ordenador persoal e do acceso a contidos dixitais na contorna virtual de aprendizaxe EVA E-Dixgal.

Toda a información referente ao proxecto está dispoñible neste enderezo web. É moi importante que as familias consulten o apartado "Información para as familias", do que cómpre destacas as seguintes cuestións:

Entrega dos equipos

  • O alumnado que se incorpora esta ano ao proxecto (5º de Educación Primaria, 4º de ESO e alumnado novo no centro) recibirá o seu ordenador persoal nos primeiros días do curso, acompañado dun folleto informativo e de dúas copias do acordo de cesión (unha para as familias e outra para o centro).
  • Os ordenadores do alumnado só se poderán levar para a casa unha vez que se entreguen os acordos de cesión correspondentes, asinados pola nai, pai ou titor legal de cada estudande. No caso de non entregar este acordo de cesión, o ordenador asignado poderá empregarse só dentro do centro.

Condicións de uso

No acordo de cesión detállanse as condicións de ás que está sometido o préstamo do ordenador persoal do alumnado, que resumimos a continuación:

  1. O ordenador só se poderá empregar para estudar e realizar tarefas encargadas polo profesorado. Ademais, non poderá cederse a outras persoas.
  2. Non se poden realizar manipulacións no ordenador nin no software instalado nel.
  3. O alumnado debe traer a batería completamente cargada todos os días.
  4. O ordenador devolverase ao rematar o curso e cando o centro o solicite se for necesario.
  5. O ordenador poderá ser inspeccionado en calquera momento para constatar o seu estado.

Resolución de incidencias e seguro opcional

No caso de se producir unha incidencia relacionada co ordenador persoal dos alumnos, deberá notificarse o antes posible ao centro ou ao Soporte Premium. En relación con isto, cómpre ter en conta o seguinte:

  • As avarías debidas a fallos de fabricación estarán cubertas pola garantía dos equipos, polo que a reparación ou reposición non terá custo ningún para as familias.
  • A reparación das avarías non debidas a defectos de fabricación (roturas, intencionadas ou accidentais) deberá ser asumida polas familias, así coma a reposición dos equipos no caso de perda ou roubo.
  • Existe a posibilidade de contratar un seguro opcional que cobre a rotura dos diferentes compoñentes do equipo, cun prezo de 49 € por curso académico. A contratación debe realizarse a través do teléfono 881 505 136.

Desde o centro recomendámoslles ás familias a contratación deste seguro, xa que a reparación dalgúns compoñentes ten un custo moi superior aos 49 € (por exemplo, a reparación dunha pantalla rota pode supoñer uns 400 €).

Se precisan máis información, poden poñerse en contacto co centro ou co Soporte Premium. Neste último caso, o servizo está dispoñible as 24 horas do día, os 7 días da semana, a través das seguintes canles:

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut