Skip to Content

Últimas novas, Curso 2016-2017, Curso 2015-2016, Anos anteriores

Programa Desperta curso 21-22

LISTAS DE ADMISIÓN

 

Xa están publicadas as listas de admisión definitiva de alumnado para o curso 2021-2022. Poden consultarse no taboleiro de información do centro.

Protocolo para acceder ás clases virtuais.

Desde o centro educativo estase a facilitar o seguimento do proceso educativo do alumnado que ten que permanecer nas súas casas a causa da actual situación de pandemia.

O alumnado afectado deberá seguir as clases virtuais, salvo que non se atope en adecuadas condicións de saúde ou por causas debidamente xustificadas.

As clases virtuais están destinadas unicamente ao alumnado que se atope nalgunha das seguintes situacións:

 Alumnado con diagnóstico COVID-19 confirmado.

 Alumnado coa consideración de contacto estreito dunha persoa con diagnóstico

confirmado.

 Alumnado que convive con algunha persoa con diagnóstico COVID-19 confirmado.

 Alumnado que convive con algunha persoa sospeitosa de padecer a COVID-19.

 Alumnado con síntomas compatibles con COVID-19.

Para poder acceder ás clases virtuais os responsables legais comunicarán a situación ao Equipo COVID (Whatsapp ao 676874513) do centro achegando a xustificación correspondente, cun documento oficial ou co modelo de declaración responsable que está na páxina web do centro.

Calquera outra situación terá que ser consultada ao director ou Equipo COVID en horario escolar no teléfono do centro.

 

NON NOS VENCERÁS

EXAMES SETEMBRO

INFORMACIÓN 2º TRIMESTRE

Seguindo as instrucións da Consellería de Educación deuse por rematado o 2º trimestre do curso, procedendo a súa avaliación en base ao traballo realizado polo alumnado ata o día 12 de marzo.

O venres, día 3 de abril, publicaranse os boletíns de notas a través da aplicación do espazo Abalar.

Para calquera consulta sobre a avaliación poden poñerse en contacto co titor/a ou co profesor/a da materia correspondente. O contacto farase a través do correo electrónico que cada profesor/a facilitou na páxina de actividades académicas para o alumnado durante o confinamento.

No momento en que teñamos instrucións para o 3º trimestre, no caso de que non se poidan retomar as clases presenciais, serán comunicadas polos mesmos medios empregados ata agora.

A comunidade educativa do centro desexa que tod@s se atopen ben e que podamos vernos moi pronto.

O acceso é o seguinte, segundo sexa para ordenador ou móbil (COPIA E PEGA NA BARRA DE DIRECCIÓNS):

https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/espazos/recursos (para ordenador)

https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/es/noticia/abalarmobil (para móbil)

MOITO ÁNIMO E QUEDADE NA CASA

O EQUIPO DIRECTIVO

ACCESO AS LISTAXES

As listaxes provisionais e definitivas de persoas admitidas e excluídas serán elaboradas, exclusivamente, mediante a aplicación admisionalumnado, e a súa consulta polas familias só se poderá realizar de forma:

a) Presencial: Única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar. En base ás recomendacións vixentes en materia de protección de datos persoais, non se considerará válido ningún outro medio físico de publicación (exemplo: os taboleiros ou as zonas acristaladas visibles desde o exterior do centro).

b) Non presencial: Única e exclusivamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional da Moneda e Timbre. En base ás recomendacións vixentes en materia de protección de datos persoais non se considerará válido ningún outro medio electrónico de publicación (exemplo: as listaxes en aberto na páxina web propia do centro educativo). Non obstante, nas páxinas web poderase anunciar o momento en que as listaxes estean dispoñibles na aplicación.

Convocatoria axudas libros de texto

Fondo solidario de libros detexto e axuda para adquirir libros de texto e material escolar: Curso 2021/2022

PRAZOS E LISTAXES 

Obxecto da convocatoria e procedemento

Segundo a Orde do 6 de maio de 2021 (DOG do 20 de maio), pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial, para  o curso escolar 2021/2022.

A solicitude faise toda no mesmo Anexo: Fondo de libros, adquisición de libros e material escolar.

Presentación

Deberán presentar a solicitude cubrindo o Anexo I e II quepoderán recollelo no propio Centro ou directamente do DOG do 6 de maio de 2021 (páxinas 24788 á 24791) ou tamén na páxina web do Colexio https://edu.xunta.es/centros/cpimaside/

Se a solicitude se presenta no centro docente onde está matriculado o alumno presentarase orixinal e copia da documentación,  co fin de que a persoa que a reciba  poida verificar a autenticidade da copia e devolva os orixinais.

Na convocatoria actual os  cidadán  poderán,  ademais,    realizar  a  solicitude  accedendo  á  aplicación Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros/), e unha vez que teñan cubertos todos os datos deberán gardala, obtendo así o número de solicitude, e posteriormente poderán optar polas seguintes formas de presentación:

·       Presentación no centro: Neste caso imprimirán a solicitude e o anexo II e presentaranos no centro (debidamente asinados), xunto coa documentación (A solicitude xa terá asignado un número pola aplicación e o centro pode recuperala).

·       Presentación na Sede Electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Neste suposto o centro recibirá un aviso no seu correo electrónico que lle informará de que ten solicitudes presentadas por esta vía.

Xunto cos Anexos I e II deberán presentar no Centro a seguinte documentación:

 

Alumnado de educación primaria e de educación secundaria obrigatoria.

a) Libro de familia onde figuren todos os membros computables.

Só no caso de non ter libro de familia, ou se a situación familiar, a día 31 de decembro de 2019, non coincide coa reflectida no libro, terá que presentarse documento ou documentos acreditativos do número de membros da unidade familiar, tales como:

  • Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou o convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.
  • Certificado ou volante de convivencia.
  • Informe dos servizos sociais ou órgano equivalente do concello de residencia, que acredite a situación familiar.
  • Certificado de defunción

 b) E de ser o caso:

  •  Grao de discapacidade: Certificado acreditativo do grao de discapacidade, se non fose emitido pola Xunta de Galicia.
  • Violencia de xénero: Acreditarase en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
  •  Incapacitación xudicial coa patria potestade prorrogada ou rehabilitada: Resolución xudicial.

 Alumnado de EE, con discapacidade ≥65% ou en tutela ou garda da Xunta de Galicia.

 O alumnado de educación especial ou con discapacidade ≥65%, de ser o caso:

  • Grao de discapacidade: Certificado acreditativo do grao de discapacidade, se non fose emitido pola Xunta de Galicia.

 O alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia:

  • Resolución administrativa ou xudicial xustificativa do acollemento ou do certificado do centro de menores.

 A documentación que se achegue deberá ter validez no momento da presentación da solicitude.

 

IMPORTANTE: O Anexos I e II deberán entregarse no centro perfectamente cubertos en TÓDOLOS seus apartados, asinando na folla 3 os membros da unidade familiar que corresponda.

 

As solicitudes entregaranse no Centro e presentarase unha única por familia para todos os fillos que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2020/2021.

O prazo de presentación das solicitudes será: ata o 22 de xuño de 2021.

Obrigas dos beneficiarios

Para optar a ditas axudas é imprescindible ter devolto os libros adquiridos no pasado curso 2020/2021 antes do día 22 de xuño deste ano, excepto o alumnado de ESO que teña materias pendentes que será antes do 7 de setembro.

 

 

 

 

Orde do 6 de maio de 2021 (DOG do 20 de maio) 

Impreso Solicitude (Anexo I e II)

Máis información na paxina web da Consellería de Educación

Distribuir contido


by Dr. Radut