Skip to Content

Solicitude de admision e formalizacion da matricula

 Curso 2021/2022

 

Decreto 254/2012, do 13 de decembro: Admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG)

Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado (DOG)

Orde do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos...

  

Calendario que se establece para o proceso de admisión do alumnado no curso 2021/2022:

  • Reserva de praza para un centro adscrito 11 de xaneiro ao 8 de febreiro.
  • Publicación de postos escolares vacantes, antes do 1 de marzo.
  • Presentación solicitude de admisión do 1 ao 22 de marzo.
  • Presentación de documentación acreditativa dos criterios de baremo ata o 13 de abril.
  • Publicación de listaxes provisionais de admitidos e non admitidos antes do 25 de abril.
  • Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 5 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.
  • Publicación de listaxes definitivas de admitidos e non admitidos antes do 15 de maio.
  • Formalización de matrícula en Infantil e Primaria do 20 ao 30 de xuño.
  • Formalización da matricula en ESO e Bacharelato do 25 de xuño ao 10 de xullo.
  • Prazo extraordinario de formalización de matrícula en ESO e Bacharelato do 1 ao 10 de setembro. 

    Información Importante

1.- Os Anexos I (reserva de praza nun centro adscrito) e Anexo II (solicitude de admisión) poderanse presentar a través da aplicación informática "admisiónalumnado" (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado). Ou a través da Sede Electrónica da Xunta con "certificado dixital" ou "Chave365"

2.- Os alumnos/as que xa están matriculados neste Centro teñen, automáticamente, a reserva feita para o próximo curso 2021/2022.

3.- No caso de solicitar a admisión noutro Centro para o próximo curso deberán facer a solicitude de admisión en dito Centro no prazo establecido a tal efecto e presentar unha copia de dita solicitude nesta Secretaría.

4.- Cada alumno/a só pode presentar una única solicitude no centro no que solicite praza en primer lugar.

5.- O alumnado ten garantía de permanencia nun centro, e se presenta solicitude noutro distinto ao que está, debe comunicalo ao centro de orixe.

6.- O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro, deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de solicitude de admisión.

7.- Prazo de presentación de solicitude de admisión: do 1 ao 22 de marzo.

8.- Despois do prazo de admisión publicaranse as distintas listas de admitidos/as, número de prazas ofertadas e datas para a formalización de matrícula, así como calquera outra información necesaria

 

 

 

Formularios de reserva, admisión e formalización de matrícula
 
 Abrir
Solicitude de reserva ANEXO I (11 de xaneiro ao 8 de febreiro)  
Solicitude de admisión no centro ANEXO II (1 ao 20 de marzo)  
Public. listaxes provisionais admitidos / non admitidos (antes do 25 de abril)  
Public. listaxes DEFINITIVAS admitidos / non admitidos (antes do 15 de maio)  
Formalización da matrícula Educación Infantil e Primaria (20 ao 30 de xuño)  
Formalización da matrícula ESO (25 xuño ao 10 de xullo)  
Documentación que deberán presentar para formalizar a matrícula  
Ficha médica de ingreso  
Autorización para a publicación de imaxes do alumnado con fins educativos  


page | by Dr. Radut