SELO DE CALIDADE NACIONAL eTwinning

O Ministerio de Educación concedeu o Selo de Calidade Nacional polos proxectos eTwinning (Joyeux Noël! ¡Feliz Navidad! Merry Christmas e CultureTwinning) levados a cabo o pasado curso 2022-2023 polo alumnado de 3.º ESO de Francés, Inglés e Lingua Castelá.

Deste xeito, recoñécese o esforzo e o traballo tanto das docentes coordinadoras (Eva Comesaña e María Oca) coma do alumnado participante, logo de ser obxecto dunha avaliación específica a partir dun marco pedagóxico común europeo.

eTwinning

Parabéns polo traballo realizado!!

 

INICIO DO CURSO ACADÉMICO 2023-2024

Luns, 11 de setembro ás 09:00 h.

Xornada en horario lectivo habitual.

 

ALUMNADO EDUCACIÓN PRIMARIA.

O alumnado de Educación Primaria entrará pola porta principal.

 

ALUMNADO EDUCACIÓN SECUNDARIA.

O alumnado de secundaria deberá situarse na zona da alameda e no patio de columnas.

Alí serán chamados por orde de lista polo seu titor ou titora, que acompañará ao grupo a súa aula e realizará a presentación. Dende ás 09:00 h ata ás 11:30, o/a titor/a explicará o horario, uso dos estoxo... é dicir, tratará temas máis concretos para a posta en marcha do curso.

De 11:30 a 12:00 h será o recreo.

Durante o resto da xornada, cumprirase con normalidade o horario lectivo.

 

Curso 2023-2024

As clases comezan o luns 11 de setembro.

Do 1 ao 8 de setembro o horario de secretaría é de 09:00 h a 13:30 h.

 


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
Drupal theme by Kiwi Themes.