LISTAXES PROVISIONAIS DO FONDO DE LIBROS PARA O CURSO 2020-2021

As listaxes provisionais de admitidos no fondo de libros dos cursos 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria e de 1º, 2º, 3º e 4º de ESO serán enviadas por TokApp. Lembrámoslles que as reclamacións a esta listaxe poderán facelas os días 7, 8 e 9 de xullo. Nestas listaxes provisionais figura o/a  alumno/a que solicitou participar no fondo de libros co número de libros que recibirá en préstamo. Nas listaxes definitivas figurará, para cada alumno, a relación de libros que lle prestará o centro (só no caso de Primaria, para a ESO haberá que esperar a setembro).

 

Para saber se lles corresponde o vale de material deberán achegarse ao centro e, se lles correponde,  xa se lles entrega nese momento.

 

As familias do alumnado de 1º e 2º de Primaria deberán pasar polo centro para consultar as listaxes (tanto da axuda para libros como a axuda para material), e se lles corresponde algún vale xa se lles entrega nese momento.



Powered by Drupal - Design by artinet