3º Curso

VIDEO. SOMOS POETAS!

Grazas polos vosos lindos poemas! Sodes uns superheroes e superheroínas! #Estevirusparámolounidos

Podedes visualizalo nos seguintes enlaces (en google drive permite tamén descárgalo). Espero que vos guste Sorriso

https://www.youtube.com/watch?v=kxQiObKgNvk

https://drive.google.com/open?id=12oDDspNx45TNnl6U-jqdPYjJKI0-c9b4

SEMANA DO 27 AO 30 DE ABRIL

Tedes ata o día 3 de Maio para entregarme todas estas tarefas. Ánimo e todos/as e un saúdo! Guiño

LENGUA CASTELLANA:

Tema 9 “Palabras sinónimas”. Algunha vez na clase xa vos comentara que hai palabras que aínda que se escriben distinto poden ter o mesmo significado, como guapo/lindo. Estas palabras son sinónimas. Facedes os exercicios 17 e 18 no caderno.

Tema 10. Lectura comprensiva “El campesino y el diablo”. Exercicios 1, 2, 3, 4 resoltos no caderno.

MATEMÁTICAS: Repasar as táboas de multiplicar. Adxúntovos esta ficha de repaso para resolver no voso caderno.

LINGUA GALEGA:

Tema 9, páxina 109. Ler con atención a ortografía: “Palabras con "ga", "gue", "gui", "go", "gu", "güe", "güi". Facedes os tres exercicios que veñen nesa páxina.

CIENCIAS SOCIAIS: Facer un debuxo do sistema solar no voso caderno que englobe todo o visto no tema 1.  

CIENCIAS NATURAIS: Tema 5, apartado “A función de nutrición”. Ler con atención as páxinas 66-67 do libro e facer o seguinte exercicio no caderno.

ENGLISH: Click here.

MÚSICA:  Esta vez vamos a cantar, tenéis que elegir una canción y cantarla, podéis usar karaoke, ordenador....lo que queráis y enviar un vídeo con un trozo de la canción, no es necesario que sea toda entera.

 

EDUCACIÓN FÍSICA: CLICK AQUÍ

DÍA DO LIBRO

Desde o noso cole, propoñemos quen queira facer o seguinte reto para conmemorar o Día do Libro que é o 23 de Abril. Tedes que pinchar no enlace no cal xa están indicadas as instrucións para facelo: https://ondehabitanasletras.blogspot.com/

Tamén vos proporciono este enlace no cal teredes acceso a libros e historias gratuítas de audio para todas as idades e en distintos idiomas que vos axudarán a seguir soñando e aprendendo cos diferentes contos: https://stories.audible.com/discovery

SEMANA DO 20 AO 24 DE ABRIL

LENGUA CASTELLANA:

Tema 9 “Palabras con ga, gue, gui, go, gu”. Facer os exercicios 13, 14, 15 e 16 no caderno.

MATEMÁTICAS: Adxúntovos esta ficha con exercicios para que os fagades e resolvades no voso caderno.

LINGUA GALEGA: Lectura comprensiva, Tema 9 “A nena de auga e o príncipe de lume”, exercicios do 1 ao 6 resoltos no caderno.

CIENCIAS SOCIAIS: Preguntarlle a unha persoa maior (os vosos avós/avoas por exemplo, senón aos vosos pais) unha historia divertida da súa infancia. Despois escribídela no voso caderno.

CIENCIAS NATURAIS: Facer este exercicio no caderno: “Nomear 5 animais vivíparos e 5 animais ovíparos”.

ENGLISH: Click here.

 MÚSICA: Esta semana imos bailar "I like move it" podedes gravarvos e enviarme vídeo

Ánimo a todos/as. Verémonos pronto! Nunca choveu que non escampara!

ORIENTACIÓNS PARA O 3º TRIMESTRE

Para este 3º trimestre manterase a mesma metodoloxía de traballo, cada profesor/a publicará nesta web as actividades a realizar nas súas respectivas áreas. Se hai algunha dúbida na realización das tarefas, no apartado de cursos atópanse os correos dos distintos mestres/as especialistas para pórse en contacto. O alumnado que recibe apoio de PT ou AL estará en contacto coas profesoras especialistas correspondentes.

Fundamentalmente, as actividades irán encamiñadas ao reforzo e repaso dos contidos dados na clase, eu como titora soamente avanzarei naqueles contidos que considero fundamentais para o vindeiro curso, como lecturas comprensivas, ortografía e explicación da división con 3 cifras no dividendo.

A avaliación será continua. As actividades de ampliación non serán avaliables pero sí serán en termos xerais a implicación, traballo e esforzo dos nenos/as nas distintas tarefas propostas. Na avaliación final, teranse en conta as calificacións e traballo de todo o curso.

Moito ánimo e un saúdo. Xuntos conseguirémolo!

A titora,

Miriam.

English

Tarefas a realizar durante a semana

do 14 ao 17 de abril.

SEMANA DO 14 AO 17 DE ABRIL

Lingua Galega: SOMOS POETAS!

Tedes que inventar unha rima asociada ao tempo que estades vivindo nos vosos fogares. Escribídela nun folio e decorádela. Que vos saquen unha foto á vosa familia e logo eu subirei o vídeo para que nos poidamos ver todos/as.  A miña, adiántovos que vai ser:

“A profe Miriam nesta cuarentena,

limpa a súa casa como unha patena!”

 

Lingua Castelá: COMPRENDEMOS UNHA LECTURA!

Acceder ao libro dixital: Tema 9, Lectura “La máquina de maullar” e facer os exercicios (do 1 ao 6) na libreta.

 

Matemáticas: SOMOS INVENTORES DE PROBLEMAS!

Tedes que inventar tres problemas nos que se utilicen as catro operación básicas: suma, resta, multiplicación e división. Facédelos na libreta e os resolvedes.

 

Ciencias sociais e naturais: SOMOS VIAXEIROS!

No voso caderno de naturais ou sociais (o que prefirades) tedes que planificar e describir o lugar no que vos gustaría pasar as vosas próximas vacacións. Por último, facedes un debuxo do mesmo.

MÚSICA

 

  • Propóñovos para esta semana tocar a frauta, neste caso "Debaixo dun botón" podedes gravarvos e enviarme o vídeo ao correo.

 

Tedes ata o día 19 de Abril para entregar todas as tarefas ao meu correo.

Powered by Drupal - Design by artinet