EDUCACIÓN PRIMARIA

 

MUSICAMOS UN POEMA PARA O NADAL

 

Os alumn@s de 4º e 5º de Primaria poñémoslle música a este poema.

Os camelos dos reis

ao chegaren a Galicia

como non viron deserto

morrían os tres da risa

 

E ao veren tanta auga

nos regueiros e nas rías

¡que catarro imos coller

como veña unha chuvisca!

 

Melchor toca a gaita

Baltasar un tamboril

O Gaspar que non é músico

alumea cun candil.

ESCOITA

 

Versión jam session na clase, TOLEMIA DE ENSAIO!!.

 

Os instrumentos que escoitas son:

carillóns

xilófonos soprano, contralto e baixo

metalófono baixo

piano

batería

voces

 

MIRA

No vídeo tamén están as frautas e o baixo de 4 cordas.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

RECORDA:

Carillón.- Instrumento de percusión de altura determinada, composto por láminas de metal o seu son é cristalino, poético..., percútense con baquetas de madeira ou goma.

Xilófono.- Instrumento de percusión de altura determinada, idiófono, formado por láminas de madeira, normalmente de Pao Rosa ou Pao Santo. Estas láminas están dispostas de maneira cromática e soan ao ser golpeadas por baquetas, o seu son é seco.

Metalófono.- Instrumento de percusión de altura determinada, idiófono , formado por láminas de metal, estas láminas están dispostas de maneira cromática e soan ao ser golpeadas por baquetas, o seu son é parecido ao das campás.

Piano.- instrumento musical pertencente á familia de corda percutida. Composto dunha serie de cordas metálicas de diferente lonxitude e diámetro, ordenadas de maior a menor no interior dunha caixa sonora. Estas cordas son percutidas por pequenos mazos impulsados por un teclado, producindo sons claros e vibrantes.