Saltar navegación.
Inicio

O galego e... Touro

 

A lingua galega son os ollos e o corazón desde o que os habitantes da Galiza vivimos e estamos no mundo.

E máis en Touro…

Aquí a lingua fai parte da terra, da auga e das árbores entre as que nos movemos. A lingua  acompáñanos como a airexa da mañá ou o decorrer poderoso do Ulla. Nela xogan os nosos alumnos e nela se imparten a maior parte das nosas aulas.

EN GALEGO SOMOS...

Por iso o labor deste seminario debe procurar que os membros da comunidade educativa manteñan vivo o elo de transmisión da lingua de nais e pais a fillos.

Touro está en Galiza  e os esforzos de todas e todos nós deben estar coordenados en asociacións que nos permitan manter vivo o tesouro da lingua. 

 

mesa http://www.amesanl.org/npeg/index.html