Secretaría
Inicio do curso 2022-2023
07/09/2022
O curso comezará mañá, 8 de setembro no horario habitual; E. Infantil e E. Primaria de 09:00 - 14:00 horas e ESO de 08:55 - 14:00 horas. O comedor terá o seu horario habitual de 14:00 a 16:00 horas.
Nas recomendacións publicadas no portal educativo para a xestión da COVID, elimina a maioria de restricións, polo que o funcionamento do centro en canto a entradas e saídas, recreos, agrupamentos etc, será o previo a pandemia. Recordamos algunha das normas máis importantes:
Entradas e saídas
- E. Infantil: entrarán pola porta principal do centro e farán fila no corredor interior custodiados polos mestres de garda. A saída será igualmente pola porta principal sobre as 13:50 para ser recollidos polas familias ou coidadores de transporte.
- E. Primaria: entrarán pola porta principal do centro e farán filas no patio cuberto custodiados polos mestres de garda. A saída será igualmente pola porta principal.
- ESO: Entrarán ao tocar o timbre pola porta principal, facendo a saída polo mesmo lugar.
COMEDOR ESCOLAR: Ante a falta de confirmación por parte da Consellería do aumento de prazas, comezaremos coas 125 que temos adxudicadas. Podedes consultar a listaxe de comensais por día. Lembro que debemos de ser responsables, e avisar dos días que se vai facer uso do servizo, para así poder optimizar as prazas e que poidan facer uso das mesmas o maior número posible de familias.
USO DE MÁSCARA: A máscara seguirá vixente no transporte escolar e nos casos con síntomas compatibles coa COVID.
Libros de texto curso 2022-2023
22/06/2022
Achegamos a relación de libros de texto e material didáctico para o curso 2022-23
- Os libros de 4º de E. Primaria resaltados en amarelo, non é necesario mercalos, xa que o centro dispón de exemplares para todo o alumnado.
- Actualizouse o documento para engadir os libros de exercicios de Francés na ESO.
Admisión de alumnado para o curso 2022-2023
22/02/2022
O prazo de admisión de alumnado para o curso 2022-2023 comprenderá do 1 ao 21 de marzo. As solicitudes presenciales serán entregadas na secretaría do centro. Tamén poden ser presentadas na aplicación de admisión da Consellería, empregando certificado dixital ou chave 365.
As vacantes do proceso, unha vez adxudicadas as prazas ao alumnado dos centros adscritos son:
Curso | Vacantes |
4º EI | 25 |
5ºEI | 0 |
6ºEI | 0 |
1ºEP | 1 |
2ºEP | 9 |
3ºEP | 16 |
4ºEP | 3 |
5ºEP | 19 |
6ºEP | 0 |
1ºESO | 0 |
2ºESO | 16 |
3ºESO | 2 |
4ºESO | 15 |
Admisión do alumnado dos centros adscritos
22/02/2022
Todo o alumnado dos centros adscritos que presentou solicitude de reserva no centro, foi admitido. Pódense consultar as listaxes no taboleiro do noso centro e na aplicación de Admisión da Consellería, empregando a chave 365 ou certificado dixital.
Novo Consello Escolar
Sheila e Leonel na mesa electoral do alumnado
26/11/2021
Tralas votacións do pasado luns, onte quedou constituído o noso novo Consello Escolar. Grazas a votantes, membros das mesas electorais e candidaturas de todos os sectores.
Calendario do curso 2021-2022 no CPI do Feal
Preme para ampliar o calendario
09/09/2021
Tendo en conta o calendario escolar, o laboral, e o día non lectivo escollido polo centro (16 de maio de 2022), achegamos un calendario no que se poden ver os días lectivos do curso 2021-22 no CPI do Feal (o último é o 22 de xuño).
Calendario administrativo de fin de curso
21/06/2021
Xestión | Datas | Horario |
Formalización da matrícula de Infantil e Primaria | 20 - 30 de xuño | 10:00 - 13:00 |
Publicación de notas por AbalarMóbil | 25 de xuño | 14:00 |
Formalización da matrícula de ESO | 28 de xuño - 10 de xullo | 10:00 - 13:00 |
Atención ás reclamacións contra as cualificacións | 28 -29 de xuño | 09:00 - 14:00 |
Entrega de libros para o alumnado de ESO con probas de setembro | 29 de xuño | 12:00 |
Prazo extraordinario de formalización da matrícula en ESO | 6 - 10 de setembro | 10:00 - 13:00 |
Aclaracións:
- Todo o alumnado de ESO recibiu sobre de matrícula para o próximo curso. O alumnado que deba facer probas de setembro, terá que conservar este sobre para a posterior matriculación.
- O alumnado de 4º de ESO que titule en xuño, recibirá o seu expediente a mañá da súa despedida (venres 25 de xuño).
Publicación dos libros de texto para o curso 2021-2022
17/06/2021
Como novidade, o próximo curso haberá EDIXGAL (libro electrónico) en toda a ESO, ademais de en 5º e 6º de Primaria. Polo tanto, todo este alumnado recibirá en préstamo o equipamento necesario.
Devolución do equipamento EDIXGAL
16/06/2021
Aquel alumnado que o vindeiro curso abandone o centro e este curso tivo equipamento EDIXGAL, deberá devolvelo no centro antes do 25 de xuño.
O alumnado que permanece no centro podera quedar nas vacacións co equipamento, facéndose responsable da súa conservación e bo uso.
Fondo libros e axudas para adquisición de material escolar
20/05/2021
Dende mañá, 21 de maio e ata o vindeiro 22 de xuño incluído, pódense presentar as solicitudes de cara ao vindeiro curso do Fondo solidario de libros de texto, e das axudas para compra de material escolar.
- Lembrar que haberá fondo solidario dende 1º a 4º de E. Primaria, xa que de 5º de E. Primaria ata 4º de ESO, seremos Edixgal (libro electrónico).
- A axuda para material será dende 1º de E.Primaria ata 4º de ESO.
- As solicitudes poden entregarse na secretaría do centro de luns a venres de 10:00 a 13:00, e os luns en horario de tarde de 16:40 a 17:40.
- Tamén podedes tramitalas a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Información publicada no DOGA
- Impreso de solicitude
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- seguinte ›
- última »
Enderezos electrónicos
- Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
- ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
- Coordinación da web: web.feal@gmail.com