Saltar navegación.
Inicio
50 anos de ensino público: 1972-2022

Taboleiro xeral do profesorado

1º de ESO incorpórase a Edixgal

16/06/2020

Na resolución definitiva publicada onte pola Consellería, o noso centro sae como admitido para incorporarse no vindeiro curso ao programa Edixgal en 1º de ESO.

05/06/2020

Na resolución provisional publicada hoxe pola Consellería, o noso centro sae como admitido para incorporarse no vindeiro curso ao programa Edixgal en 1º de ESO.

Os libros en papel, serán substituidos por ordenadores. Todo o alumnado de 1º de ESO recibirá automaticamente o seu equipo, sen facer ningún tipo de solicitude.

Lembrade que si poderedes solicitar a axuda económica para compra de material escolar, sendo o 19 de xuño o derradeiro día de prazo.

Reunións de avaliación de setembro

 Hora  Mércores 4 de setembro
 10:00  4º A
 10:40  4º B
 11:20  3º A
 12:00  3º B
 12:40  2º A
 13:20  2º B
 14:00  Xantar
 16:30  2º C
 17:10  1º A
 17:50  1º B
 18:30  1º C

 

  • As reunións terán lugar na Biblioteca de Secundaria.
  • Prégase que as cualificacións estean no XADE polo menos doce horas antes da sesión de avaliación correspondente.
  • Os titores deberán introducir no XADE os informes de avaliación final dos seus titorandos.

Aviso para o profesorado que utiliza Moodle

Dr. Moodle

17/09/2013

De cara a actualizar os cursos da nosa Aula Virtual, o máis rápido para eliminar os participantes do curso anterior e as súas actividades é ir ao menú de administración e picar en "Restablecer" ("Reiniciar" se o curso está en castelán), marcando os apartados que interese. A continuación, xa se poden cargar os novos estudantes.

Un problema que pode xurdir é que se conserven os traballos enviados polos repetidores o ano anterior. Neste caso, a solución é picar en "Copia de seguranza", non marcar ningún traballo enviado polo alumnado, e finalmente restaurar o curso.

O profesorado interesado en unirse a esta plataforma educativa pode falar con José Manuel Timiraos (coordinador TIC e mestre de Primaria) ou con Ángel Carrera (profesor de Tecnoloxía de Secundaria).

Restablecer

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido