Comedor escolar
Menús do primeiro trimestre no noso comedor
Achegamos os menús do primeiro trimestre deste curso
no noso comedor escolar.
Nota: @s usuari@s que necesiten un menú alternativo debido a algún problema alimentario, deberán consultar a dispoñibilidade da correspondente dieta ao persoal do comedor.
Aumento das prazas do comedor escolar
20/09/2022
Hoxe ao mediodía, a Consellería confirmou o aumento de prazas de comedor escolar ata 140. Mañá mércores reunirase o Consello Escolar para aprobar unha nova listaxe de 140, contando coas renuncias e as novas prazas. A nova lista estará exposta o xoves no taboleiro de anuncios do centro.
Aqueles que aínda non tendo praza de usuario, poida facer uso do servizo empregando os días que van deixando libres os usuarios lexítimos, serán avisados por teléfono.
Información sobre o comedor escolar
02/09/2022
Dende o luns 5 de setembro pódense consultar as listas de usuarios do comedor e usuarios en lista de espera.
Estamos á espera de que a vindeira semana a Consellería confirme a ampliación a 140 prazas; chegado o momento serán publicadas novas listas cos 140 usuarios.
NORMAS IMPORTANTES.
1. Aqueles usuarios que solicitastes todos os días e non vaiades a facer uso de todos eles, tedes que informar no centro para poder usar a vacante con outro comensal da lista de espera. Se non o facedes podedes perder a condición de usuarios.
2. Cando por un imprevisto non poidades acudir ao comedor hai que avisar antes das 09:30; en caso contrario podedes perder a condición de usuario, ademais de ter que pagar o importe do prato.
A vindeira semana publicaremos antes de empezar as clases, as listaxes do alumnado que pode usar o servizo cada día da semana.
Solicitudes para o servizo de comedor
04/07/2023
Os criterios para baremar as solicitudes como establece a lexislación son:
- Usuarios lexítimos do curso anterior (os 140 primeiros da listaxe do curso pasado)
- Usuarios lexítimos de transporte escolar.
-
Ter un/unha Irmán ou irmá matriculados no centro e ser usuario do comedor escolar no momento de formalizar a solicitude. (novidade no baremo)
- Alumnado en situación de exclusión social ou con discapacidade. (demostrado documentalmente)
- Alumnado de familias numerosas. (demostrado documentalmente)
- Incompatibilidade laboral de ambos proxenitores co horario de de saída do centro educativo. (demostrado documentalmente)
- Outro alumnado do centro.
- Persoal docente e non docente.
Notas importantes:
- Solicitade unicamente os días que necesitedes, para poder optimizar o servizo.
- Haberá que avisar antes das 09:15 os días que non se use. Do contrario poderá ser cobrado o servizo.
- Haberá que usar a lo menos un día ao mes, cada un dos días concedidos. O non cumprimento é causa de perda do dereito.
Publicación das listaxes de comedor escolar
07/09/2021
Dende hoxe están publicadas no taboleiro do centro, as listaxes provisionais de usuarios lexítimos de comedor escolar e a listaxe de espera. O prazo para presentar alegacións é de 5 días a contar dende mañá martes.
Ademais, publicamos unha listaxe de comensais por día, onde se inclúen aqueles usuarios que aínda non sendo lexítimos, poden usar o servizo, aproveitando as prazas que deixan os que non usan todos os días o comedor.
Como o curso pasado, por acordo do Consello Escolar, tendo en conta a situación de pandemia que estamos a vivir, aqueles usuarios lexítimos que renuncien á praza, non perderán dita condición para o vindeiro curso.
Pódese consultar calquera dúbida na dirección ou secretaría do centro.
Quendas de comedor
21/09/2020
Como informamos a principio de curso, unha vez incorporado ao comedor todo alumnado do colexio, funcionará en dúas quendas.
- 1ª Quenda: de 14:00 a 14:45 (aprox), dende E. Infantil ata 4º de E. Primaria.
- 2ª Quenda: de 15:00 a 15:45 (aprox), dende 5º de E. Primaria a 4º de ESO.
Calquera cambio será publicado na web.
Publicación das listaxes definitivas de usuarios lexítimos de comedor e comensais por día
17/09/2020
Dende hoxe están publicadas as listaxes definitivas de usuarios lexítimos do comedor, unha vez resoltas as reclamacións en Consello Escolar.
Ademais publicamos unha listaxe por día, dos usuarios que poderán facer uso do servizo sexán lexítimos ou non.
É importante facer unha serie de aclaracións e informar de determinados aspectos do comedor:
- Usuario lexítimo: Usuario que ten asegurado o uso do servizo, sempre e cando non falte de xeito inxustificado nos días solicitados.
- Comensais por día: Usuario que pode comer nos días sinalados, aproveitando os días que os usuarios lexítimos non solicitan.
- Acordo do Consello Escolar: Moitas familias do centro, usuarios lexítimos, solicitaron a suspensión temporal do servizo por motivo da COVID 19. O Consello por unanimidade, decidiu que este curso excepcionalmente pola situación que estamos vivindo, manter o dereito de cara o curso que ven. As prazas de deixan libres son cubertas por outros usuarios non lexítimos por orde de baremo.
- Aqueles usuarios que un día sepan que non van facer uso do servizo, deberán avisar ao centro 24 horas antes.
- O motivo de facer unha lista fixa por día, é para poder asignar un sitio fixo a cada alumno.
- O comedor conta con 124 usuarios e a realidade é que hai máis de 200 solicitudes, polo que comprenderedes non se pode dar servizo a todos os solicitantes. Ainda así son 150 usuarios os que farán uso do servizo en algún día da semana.
- Cando se produza algunha baixa, será ofertada por orde de baremo a praza.
Publicación no centro das listaxes provisionais de usuarios do comedor
07/09/2020
As listaxes dos admitidos como usuarios lexítimos de comedor están publicadas no taboleiro interior do centro, en cumprimento da lexislación de protección de datos.
Nas intrucións da Consellería para dar resposta á COVID-19, recóllese que cada usuario terá un sitio fixo no comedor, por iso publicamos unha listaxe xeral cos 124 usuarios lexitimos. Ademais publicamos unha listaxe por día, na que se engaden por orde de baremo, os usuarios que poderán empregar o servizo polas vacantes xeradas polos usuarios lexitimos que non solicitaron comedor todos os días. O obxectivo é poder aproveitar ao máximo o servizo e ao mesmo tempo cumprir coas medidas de seguridade esixidas.
O prazo de reclamación da listaxe será de 5 días contados dende hoxe.
Solicitudes para utilizar o noso comedor durante o curso 2020-2021
19/06/2020
-
O prazo de presentación de solicitudes será do luns 22 de xuño ao venres 10 de xullo de 2020.
- É importante que solicitedes unicamente os días que ides usar, xa que si por exemplo solicitades toda a semana e logo usades unicamente un día, perderiades a praza de usuario lexitimo. Tede en conta que a demanda é alta e debemos optimizar ao máximo as prazas das que dispoñemos.
- Marcade as cuadrículas dos criterios alegados. Lembrade que usuarios lexítimos do curso pasado son os da lista que vai no anexo 3.
- As listaxes serán publicadas no mes de setembro.
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »
Enderezos electrónicos
- Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
- ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
- Coordinación da web: web.feal@gmail.com
