Taboleiro xeral do alumnado
8 de abril, Día Internacional do Pobo Xitano
Preme para ver un pequeno dicionario caló-castellano
08/04/2022
O 8 de abril de 1971 celebrouse en Londres o Primeiro Congreso Internacional do Pobo Xitano. Esa data é a escollida para homenaxear a este grupo de orixe oriental, caracterizado polo seu carácter nómade.
Nos últimos días, o alumnado de 1º ESO estivo a traballar un mostrario do léxico caló, traducindo eses termos a diferentes idiomas.
Y esta mañá, na clase de 1ºC, a alumna Fátima Monteiro Romero realizou unha interesante exposición adicada a esta conmemoración. Nela tratou diferentes aspectos: a orixe do pobo xitano, as súas tradicións máis emblemáticas, o significado da súa bandeira, os trazos do seu folclore, e o uso do caló. Acompañou a súa explicación de varios vídeos, entre eles, unha interpretación do himno Gelem, Gelem.
Tras a exposición, respondeu ás preguntas dos seus compañeiros e rematou a súa intervención amosando o seu arte como bailaora e ensinándolles os pasos básicos da súa danza.
Inicio do proceso de admision de alumnado para o curso 2022-2023
13/01/2022
Dende o día 11 de xaneiro ata o día 8 de febreiro, o alumnado de 4º de ESO que queira matricularse o vindeiro curso no IES As Telleiras, poderá facer a solicitude na secretaría do noso centro ou ben na aplicación da Consellería (Admisión de Alumnado).
O noso centro está adscrito ao IES As Telleiras, polo que o alumnado que solicite praza no mesmo durante esta fase do proceso de admisión, ten garantida a praza.
Felices festas
Preme para ver o calendario completo
22/12/2021
O profesorado do Feal desexa boas festas e feliz 2022 a toda a comunidade educativa.
O noso calendario de 2022 está dedicado as Lendas do Camiño de Santiago.
Os traballos seleccionados son do seguinte alumnado de Secundaria:
Alazne Soto Bernal |
1º de ESO A | Xaneiro |
Adriana Martínez Cereijo |
1º de ESO B | Febreiro |
Iago Paniagua Martínez |
1º de ESO C | Marzo |
Laura Gómez Rodríguez |
2º de ESO A | Abril |
Gabriel Feal Carneiro |
2º de ESO B | Maio |
Daniela Lage Pedre |
2º de ESO C | Xuño |
Lucía Pereira Pena |
2º de ESO D | Xullo |
Lucía Sanesteban Guerrero |
3º de ESO A | Agosto |
Estrella Cartelle Calviño / Naiara Cupeiro Boado |
3º de ESO B | Setembro |
Eva Mahía Prieto |
3º de ESO C | Outubro |
Catuxa Corral Mosquera |
4º de ESO A | Novembro |
Ainara Suárez Anca |
4º de ESO B | Decembro |
Os gañadores de Infantil e Primaria para as tarxetas foron:
Erik Ananyan |
4º de EI |
Mateo Pazo Díaz |
5º de EP B |
Preme para ver a postal completa
Moitas grazas a todo o alumnado participante (e aos titores/as).
Probas de materias pendentes na ESO
03/05/2021
O mércores 5 de maio, comeza a segunda fase das probas de materias pendentes do curso pasado na ESO. Achegamos o calendario.
Formación no uso axeitado das novas tecnoloxías na idade escolar
08/04/2021
Dende o Departamento de Orientación, detectouse un uso inadecuado de medios dixitais (teléfonos, ordenadores, consolas etc). Outros centros educativos, en concreto os nosos adscritos (CRA de Narón, CEIP Ponte Xuvia e CEIP de Piñeiros), detectaron igualmente estes problemas.
Do problema detectado, xurde unha inciativa conxunta dos catro centros educativos, dirixida a familias e alumnado: a organización dunha formación online conxunta.
A formación irá dirixida ao alumnado dende 3º de E. Primaria ata 4º da ESO, e as súas familias.
O alumnado recibirá a formación en horario lectivo, mentres que as familias estades invitadas a unha formación específica, que terá lugar o luns 12 de abril ás 16:30 horas.
Dende o centro, se enviará por AbalarMóbil o enlace á formación online. O único que teredes que facer para establecer conexión, será copiar o enlace que recibiredes, e pegalo no navegador do dispositivo que empreguedes.
Normas de seguridade e hixiene COVID
10/02/2020
Nos últimos días, estamos recordando e explicando ao alumnado de ESO as nosas normas básicas de seguridade e hixiene, recollidas no protocolo para dar resposta a situación xerada pola COVID-19.
Aínda que o comportamento do alumnado está sendo exemplar en liñas xerais, é importante non relaxarse, para poder seguir co curso coa maior normalidade posible.
- 1
- 2
- 3
- 4
- seguinte ›
- última »
Enderezos electrónicos
- Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
- ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
- Coordinación da web: web.feal@gmail.com

Últimos comentarios
hai 9 semanas 4 días
hai 10 semanas 4 días
hai 10 semanas 4 días
hai 10 semanas 5 días
hai 11 semanas 1 día
hai 11 semanas 5 días
hai 12 semanas 2 días
hai 12 semanas 4 días
hai 13 semanas 6 horas
hai 13 semanas 5 días