Saltar navegación.
Inicio
Narón (A Coruña)

Faladoiro

Libro de visitas 2011

Aquí quedarán gardadas tódalas mensaxes publicadas no cuarto ano do Libro, aínda que hai comentarios de 2011 en moitos outros artigos que abriran esta posibilidade.

Despedidas de 4º de ESO

 

28/06/2010

Ao final deste curso, houbo problemas en varios dos ordenadores que estaba utilizando o alumnado de 4º de ESO coa optativa de Informática, polo que varias persoas non tiveron tempo de rematar o seu vídeo de despedida. Deixamos aquí encadeados algúns dos entregados. Hai bastante consenso en que a despedida máis bonita foi a de Laura Mosquera.

A feira de Moeche de 2010

Roberto

Roberto Rodríguez

02/05/2010

Falamos cun pouco de retraso da feira de Moeche de 2010 (coma sempre en 23 de abril) porque os últimos días había moita información e hai que repartir os protagonismos. Por unha parte, adiantamos que Roberto Rodríguez de 3º de ESO - A (na foto superior) publicará un artigo sobre esta feira no próximo número de A Tribo. Ademais, Sergio Díaz de 4º de ESO - C gravou un pequeno vídeo da feira deste ano co seu móbil e aparece máis abaixo. O xinete que pasa en segundo lugar é o pai dun alumno do Feal que non necesita presentación: Brandon Freire...

Visita ao Pazo Libunca

Pazo Libunca

Yaiza Méndez Lago (6º B), 16/04/2010

O venres 9 de abril de 2010, fomos os rapaces e rapazas de 5º e 6º de Primaria ao Pazo Libunca, máis coñecido coma "Chalet de Cabezas". Alí unha rapaza do Concello explicounos que o Pazo Libunca era unha obra do século XX, construído coma pazo de recreo para unha familia galega, do ano 1920 ao 1922. Foi rehabilitado no ano 2002 para recuperar o estilo orixinal de principios de século.

Para iso conservaron as madeiras, vidrieiras, mármoles e materiales nobles. O pazo está rodeado con árbores de máis de 100 anos. Tamén había un estanque con peixes, aínda que a min o estanque non me gustou moito porque a auga estaba moi sucia.

Buzón de San Valentín 2010

Mans acorazonadas

Podes depositar neste buzón a túa mensaxe de amor ou de amistade para aquela/s persoas que conseguen facerte feliz.

Para manter as mensaxes un pouco ordeadas, lembra que non é o mesmo "Engadir novo comentario" (pinchando antes da primeira mensaxe) que "Responder" a unha mensaxe concreta.

Tamén podes participar no concurso de cartas de amor organizado polo Concello de Narón.

Libro de visitas 2010

Aquí quedarán gardadas tódalas mensaxes publicadas no terceiro ano do Libro, aínda que hai comentarios de 2010 en moitos outros artigos que abriran esta posibilidade.

Pasoulle a Marcos

Pasoulle a Marcos

15/10/2009

O noso alumnado de 3º e 4º de ESO asistiu á obra de teatro "Pasoulle a Marcos" no Pazo da Cultura de Narón. A obra trataba das consecuencias de beber alcohol e conducir. Entre os actores, había membros do grupo aficionado "El ruiseñor", pero tamén colaboradores da Policía Local, Cruz Vermella, Sergas e Bombeiros; ademais do propio Marcos, que realmente quedou parapléxico nun accidente de tráfico. Xa podedes ler varios comentarios do alumnado máis abaixo.

Postal dende Edimburgo

Edimburgo

Ángel Carrera & Adrián Teijeiro, 01/07/2009

Hoxe é outro deses días históricos na nosa web. Por primeira vez recibimos unha crónica dende o estranxeiro. Trátase do noso querido alumno de 4º de ESO Adrián Teijeiro, que está facendo a Inmersión Lingüística en Edimburgo e enviounos a mensaxe que tedes máis abaixo. Faime ilusión que esta primeira colaboración internacional sexa precisamente dende Edimburgo, unha cidade pola que teño debilidade (de feito, haberá un concerto no castelo o 18 de xullo no que me gustaría estar: o 30 aniversario dos escoceses Simple Minds, pero non procede). Adrián, por favor, segue contándonos cousas dende alí durante este mes pinchando nos comentarios deste artigo, e se podes, envía algunha foto por correo ou polo buzón da web.

"Hola, soy Adrián Teijeiro Piñón (musampa) y os escribo desde Edimburgo. Por favor Ángel, ponlo en la página principal. Aquí las cosas son muy diferentes a las de allí (España) y eso de levantarse a las 6 de la mañana y acostarse a las 9 es muy raro. No se me ocurre nada más. Escribo desde la casa donde estoy viviendo, son buenas personas, tengo un italiano en la habitación que es muy tonto. Ah! Ángel, aquí los de la casa tienen dos modem, ya me lo explicarás cuando vaya en septiembre a haceros una visita. Bueno xao, bks a todos, good bye people!!!!!!!!!!!!!!!!"

Aproveitamos para inserir un vídeo dun sobrenatural paseo en bici polas rúas de Edimburgo, que triunfou en YouTube recentemente. Como diría o noso alumno Carlos Chao... "Como se maneja o tío!!"

 

Rock do Feal

Diego Villanueva e José Docal

23/06/2009

Festival guitarreiro no Feal para rematar o curso 2008/09. José Docal e Diego Villanueva tiveron a fantástica iniciativa de montar un concerto de despedida, que en principio era para os seus compañeiros/as de 4º de ESO, pero que ao final tamén foi para a xente de 3º. Como non pode ser doutra maneira, houbo algún problema técnico (o directo é así), pero non hai nada mellor que un concerto feito polo propio alumnado para pechar un curso o unha etapa. Grazas de corazón aos protagonistas, aos invitados especiais, aos colaboradores e a todo o público en xeral. Achegamos tres pequenos vídeos da actuación:

Ademais, tamén tedes fotos adicionais no álbum "Festivais Fin de Curso 2009" da nosa Galería.

Aínda que xa non estudiarán aquí... contamos con Diego e José en 2010!!!

O alumnado de 4º de ESO despídese do Feal facendo vídeos musicais

Despedidas 2009
Fai clic para ver o vídeo que fixo chorar a medio 4º de ESO

Ángel Carrera, 21/06/2009

Durante os últimos días deste curso, o alumnado de 4º de ESO matriculado en Informática estivo facendo pequenos vídeos musicais con imaxes do seu paso polo Feal a modo de despedida e logo subíronos a YouTube. Deixamos aquí unha mostra cos máis simpáticos e os máis sentimentais. Non vos perdades a promoción do Feal que fai Diego Villanueva. Na parte superior do artigo, podedes ver o vídeo feito por Nuria Pardo, que fixo chorar a medio 4º de ESO (todo o mundo pregunta pola banda sonora: "The Call" de Regina Spektor). O reprodutor de YouTube de máis abaixo, comeza co vídeo de Rebeca, que tamén levantó aplausos e lágrimas.

Que teñades moita sorte rapaces/as, botarémosvos de menos!!!!

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido