Saltar navegación.
Inicio

Fealidades

Cousas do Feal

Visita ao Pazo Libunca

Pazo Libunca

Yaiza Méndez Lago (6º B), 16/04/2010

O venres 9 de abril de 2010, fomos os rapaces e rapazas de 5º e 6º de Primaria ao Pazo Libunca, máis coñecido coma "Chalet de Cabezas". Alí unha rapaza do Concello explicounos que o Pazo Libunca era unha obra do século XX, construído coma pazo de recreo para unha familia galega, do ano 1920 ao 1922. Foi rehabilitado no ano 2002 para recuperar o estilo orixinal de principios de século.

Para iso conservaron as madeiras, vidrieiras, mármoles e materiales nobles. O pazo está rodeado con árbores de máis de 100 anos. Tamén había un estanque con peixes, aínda que a min o estanque non me gustou moito porque a auga estaba moi sucia.

A momia do Feal

A momia de 4º Diver
Fai clic para ampliar a imaxe

Ángel Carrera, 10/02/2010

En realidade, no Feal hai moitas momias, pero o alumnado de 4º Diver. conseguiu atrapar a unha delas e atravesouna cunha estaca para poder queimala no Entroido. O motivo é que o festival de Infantil e Primaria deste ano xira en torno a Exipto. Na foto, podedes ver á momia pasando as súas últimas horas no taller de tecnoloxía cos seus secuestradores. O próximo venres, a momia sairá do taller polo Corredor da Morte e alí recibirá o TIMBRAZO FINAL minutos antes da queima. Deixamos aquí o seu testamento, que acaba de entregarnos María Anca.

Momia
Fai clic para ler o seu testamento

Buzón de San Valentín 2010

Mans acorazonadas

Podes depositar neste buzón a túa mensaxe de amor ou de amistade para aquela/s persoas que conseguen facerte feliz.

Para manter as mensaxes un pouco ordeadas, lembra que non é o mesmo "Engadir novo comentario" (pinchando antes da primeira mensaxe) que "Responder" a unha mensaxe concreta.

Tamén podes participar no concurso de cartas de amor organizado polo Concello de Narón.

Volume brutal

Ángel Carrera, 01/02/2010

Na miña opinión, o timbre do corredor da sala de profesores/as e algún máis teñen un volume brutal, pero a xente debe de estar conforme porque nunca houbo rebelión con este tema. De todas maneiras, gustaríame coñecer a opinión do centro a través da nova enquisa da nosa web, que aparece máis abaixo. Ademais, podedes ver o vídeo que ilustra o asunto.

Por outra parte, Mar e o seu alumnado de 3º Diver acaban de abrir un novo recuncho da web, dentro do faladoiro do alumnado. Trátase de que o alumnado deixe as súas queixas e suxestións sobre o funcionamento do centro. Nos primeiros comentarios, fálase por exemplo do lixeiro tufo dos servizos da planta baixa (hai un problema de fontanería, non de limpeza).

Que che parece o volume do timbre do corredor da sala de profesores/as?

Terrorismo sonoro
70% (26 votos)
É moi alto pero pódese soportar
14% (5 votos)
Que queres que che diga
3% (1 voto)
Os da web do Feal sempre tan esaxerados/as
5% (2 votos)
Nin me enterara de que había un timbre alí
8% (3 votos)
Total de votos: 37

O noso colexio

Mafalda protesta

 

Envía as túas valoracións ou queixas sobre asuntos de organización do centro.

Libro de visitas 2010

Aquí quedarán gardadas tódalas mensaxes publicadas no terceiro ano do Libro, aínda que hai comentarios de 2010 en moitos outros artigos que abriran esta posibilidade.

Os Reis Magos visitan O Feal!!

Reis Magos 2009
Fai clic para ver máis imaxes

22/12/2009

Os Reis Magos nunca se olvidan do Feal. Hoxe causaron sensación cando apareceron por sorpresa no pavillón de Primaria que estaba cheo de pequenos. Na foto, pódense ver durante a súa visita ao edificio de Secundaria. Grazas maxestades!!

Enquisa sobre o novo aparcadoiro

Obras do novo aparcadoiro

30/10/2009

As obras do novo aparcadoiro xa comezaron, pero percibimos certa polémica sobre a súa ubicación (xunta o invernadoiro). Participa na nosa nova enquisa, que aparece máis abaixo.

Que opinas da situación do novo aparcadoiro?

É o lugar perfecto
6% (6 votos)
Está ben
8% (7 votos)
Que queres que che diga
4% (4 votos)
Había sitios mellores
23% (21 votos)
É a peor situación posible
59% (55 votos)
Total de votos: 93

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido