Saltar navegación.
Inicio

O noso colexio

Mafalda protesta

 

Envía as túas valoracións ou queixas sobre asuntos de organización do centro.

Colexio!

A verdade, o colexio esta perfecto tal e como está, sí, ten os seus pequenos fallos, os servizos cheiran mal, a calefacción deberíase subir, a entrada é temprano e os recreos sonche moi curtos, pero iso son erros que teñen solución e terán ao longo do tempo, eu o único que propoño é que dentro do novo comedor se engada unha cafetería.

As Matematicas

As matemáticas son moi difíciles. Poderían ser un pouco máis sinxelas.

A calefacción

Eu creo que deberían poñer a calefacción máis alta, porque nas clases fai moito frío.

Os recreos

Eu opino que os recreos deberían ser máis longos e que deberían poñer as clases salteadas e non estar dúas horas co mesmo profesor.

Os baños

A ver se poden facer algo cos baños da primeira planta porque ás veces cheira mal e se sales ao pasillo cheira.

Os servizos

A mín preocupame o mal olor dos baños da primeira pranta, cada vez que chegamos, hai un mal olor que tumba a un morto. Eu non sei a que é debido, pero debían solucionalo dun xeito ou doutro porque se seguimos así, imos afogar.

As clases e os baños

Eu digo que as clases tiñan que empezar máis tarde porque ás 08:55 e moi temprano, que non nos cambien de clase cada dous por tres e que limpien mellor os baños do piso de abaixo porque cheiran moi mal, sobre todo o das nenas. BÁRBARA. 3º Diver.

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com